Xuvenís: O Cee acompañará ao Xallas na Fase de Ascenso á Liga Galega


Todo solventado na Liguilla dos campións. O Cee non deixou os deberes para o último día e asegurou a segunda praza que dá acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Competirá co Xallas, que segue invicto e se presenta como favorito. Quedaron ás portas da Fase Ponteceso e Cabana, despois dunha irregular liguilla, pero a pensan na Copa.
Precisamente, na insulsa liguilla copeira aínda queda loita por esas tres primeiras prazas que esquivarán aos da Liguilla dos mellores nos Oitavos da Copa. Camariñas e Fisterra teñen practicamente sentenciado o seu pase, pois suman 18 puntos e un bo golaveraxe xeral, que é o que se mira nesta liguilla a unha volta. Así, o Outes ten que gañar en Esteiro para asegurar a 3ª praza, pois se Os Miúdos vencen ao Fisterra, superarían aos da Serra, pero nunca (ou case imposible) a fisterráns e camariñáns, que teñen un balance de goles moito máis positivo.
Liguilla Previa de Ascenso, xornada 9
Ponteceso - Montelouro (10-0)
- Ponteceso: Damián, Isma (Gabri, m.60), Minichema, Jorge (Loureiro, m.55), Villar, Luca, Alberto, Cacha (Eloy, m.55), Yago (Busto, m.60), Aday e Iván (Feliciano, m.70).
- Montelouro: Xacobo, Adricc, Sergio, Xanma, Javi, Alexis, Anxo, Juan de Celia, Bertín, Bouzas e Joaquín.
- Goles: Alberto, Diego Cacha, Aday (3), Yago (3), Iván e Luca.
Sen tensión
Fala ben o marcador do que foi o partido. Un choque ao que o cadro loureán chegou cunha marea de baixas, apenas con 11 xogadores dispoñibles. Dominaron os locais que golearon sen piedade. Os pontecesáns felicitan ao Cee pola súa clasificación.
Baio - Cee (0-3)
Pouca historia para meterse na fase
Partido sen moita historia na que ambos equipos notaron a calor e acusaron a tempada de exames, todo isto derivou nun partido con pouco ritmo e moitas imprecisións no que o Cee, sabedor do que se xogaba, tratou de levar a iniciativa do partido. Desde o primeiro minuto os visitantes levaron o peso do partido na procura do resultado que lles asegurara a segunda plaza. Os locais saian en algún que outro contraataque pero non conseguían rematar en condicions na portería de Paulo. O Baio tivo dúas ocasións en sendos roubos de balón, unha sacouna Paulo e outra Chema baixo paos.
Os ceenses foron achegándose cada vez máis á área contraria conseguindo adiantarse cerca da chegada do descanso. A raíz de gol tranquilizouse o cadro ceense que xa non pasou apuros. Á volta de do descanso certificaron de algunha maneira a súa vitoria, cun gol de falta que lle daba a tranquilidade. Foron pasando os minutos, Anxo puido reducir distancias no marcador para o Baio pero o seu remate saiu fóra por moi pouco. Si que marcou, xa no treito final, o Cee o terceiro para finiquitar o choque.
Xallas - Cabana (2-1)
- Xallas: Coke (Alex), Raúl (Óscar), Pablo, Rubén, Xoel, Alberto (Thiago), Carlos, Rachón, Anxo (Fran), Sergio e Santi.
- Cabana: Darío, Martín (Alex López), Aurelio, Pipa, Carlos (Santi), David Muíño, Álex Lema (Nando), Ferreiro, Julián, Reigía e Pablo.
- Goles: 1-0, m.15: Anxo nunha boa xogada; 2-0, m.43: Rachón nun saque de banda; 2-1, m.63: Santi remata de cabeza perfecto un bo centro de Reigia.
Apurando a imbatibilidade
Segue invicto este Xallas na tempada, e o sábado sufriu para manter esa condición. O choque tivo unha parte para cada equipo. A primeira xalleira que se adiantou con dous goles de Anxo e Rachón. E tivo un par de ocasions máis claras para sentenciar o partido pero Darío moi acertado sacou dúas boas, a tiros de Santi e Sergio.
Na segunda saliu confiado o Xallas e o Cabana puido remontar, ocasións tivo para elo pero non estivo acertado cara portería.
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 8
Camariñas - Esteirana (5-2)
Partido solventado polo cadro camariñán ante unha Esteirana que segue con graves problemas de efectivos.
Os Miúdos - Coristanco (3-1)
- Os Miúdos: Xandre, Lize, Toni, Yeray, Gael (Dani), Jose, Raúl, Pesky (Bruno), Xavi (Óscar), Jose II e Miguel (Javi).
- Goles: 1-0, m.25: Pesky; 2-0, m.30: Xavi finaliza uha xogada colectiva; 2-1, m.35; 3-1, m.75: Javi.
Pouca intensidade
Boa primeira metade dos muradáns ante un Coristanco que vai na tempada de máis a menos. Ían chegando os locais e no ecuador se adiantaban con dous tantos. Estiraríase aí o Coristanco que recurtaba antes do descanso.
Na segunda metade tivo o Coristanco máis protagonismo ante un cadro dos Miúdos con menos intensidade, que viu como o Coristanco chegaba pero sen acerto, ata que Javi sentenciou cando menos parecía.
Outes - Fisterra (5-1)
- Outes: Álex, César, Adrián Martínez, Simón, Brión, Saúl, Adrián Ruibal, Adán, Fabio, Santi e Sergio.
- Fisterra: Aarón, Ángel, Andrés, Fabián, César, Anchoa, Dani, Papin, Asier, Breixo e Gonzalo.
- Goles: 1-0, m.15: Fabio empurra na liña de gol un pase de Santi; 1-1, m.10: Breixo de penalti; 2-1, m.25: Santi; 3-1, m.55: Adrián Nieto; 4-1, m.73: Cutu; 5-1, m.82: Santi.
Unha parte para cada un e o Outes non perde comba
Partido con 2 partes moi diferenciadas ao que chegaba o Fisterra con 11 xustos. Adiantouse o cadro local ante unha defensa fisterrá que esperaba que o colexiado sinalase saque de porta, pero un penalti permitía que Breixo empatase para os visitantes. A partir de aí o Fistera tomou a iniciativa entrando cos 3 puntas con moito perigo. Pero era o equipo local, o que co balóns longos, conseguía meterse de novo por diante, aproveitando a velocidade de Santi, que estivo sensacional.
A segunda metade, baixón fisterrán e dominio local para demostrar que o Outes está no mellor momento da tempada.
Castriz - Corcubión (5-1)
- Castriz: Víctor (Alejandro, m.80), Richi, Rubén, Álex, Julián, Brais, Balsa, Cambón, Mika (Javier, m.75), Elías e Isma.
- Corcubión: Maikel, Porto, Isma, Samu, Mesejo, Germán, Carlos, Joselu, Dani e Lolo. Tamén xogou: Garea.
- Goles: 1-0, m.15: Mika a centro de Julián; 2-0, m.25: Elías; 3-0, m.35: Mika; 4-0, m.40: Julián dende fóra da área; 4-1, m.55: Germán dende fóra da área; 5-1, m.70: Julián tras xogada con Isma.
Pouca ambición
Comezou o partido cun tiro ao longueiro dos visitantes, que só serviu para espertar aos locais. Erao cadro xalleiro o que, por medio de Julián, ía creando máis perigo. Un centro del era rematado por Mika para romper o xeo. Chegaban tres tantos máis antes do descanso ante un Corcubión que non conseguía parar a uns entonados xalleiros.
Tralo descanso, os corcubioneses saíron máis enchufados e aproveitaron o exceso de confianza dos locais, e recurtaban. Pero era un espellismo. Aínda Balsa fallaba unha pena máxima para os locais, antes de poñer a puntiña.
Novas relacionadas
- X.7: O Xallas asegura a súa praza e o Cee acariña a Fase.
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).