Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Corme sofre e aguanta

Xuvenís: O Corme sofre e aguanta
Corme - San Lorenzo-Foto-Fin Lema O Corme sufríu ante un bo San Lorenzo-Foto-Fin Lema A 7ª xornada da Liga Unificada Xuvenil deparou 6 goleadas e un partido apretado. O partidazo da semana ademais tiña como protagonista ao gran favorito, un Corme imbatido, que xa é líder mesmo cun partiod menos que os seus perseguidores, Miúdos e Cabana. Muradáns e cabaneses non tiveron piedade de Cee e Laxe, mentres o Corme si que sufríu para batir a un cadro de Verdillo que fica moito máis abaixo da táboa do que amosou no Cairo. Gran partido o vivido no Cairo, cun ritmo altísimo e moita intensidade en cada balón dividido por parte dos dous equipos. Os goles chegaron a balón parado, primeiro adiantaría o cadro visitante tras un saque de banda prolongado por Sergio que marcaba no segundo pau Brais. Pero Noel empataba no ecuador da primeira metade tras un córner e Manu Tasende marcaba o 2-1 xusto antes do descanso tras centro dende 3/4 de campo, que remata en semifallo, pero colle mal colocado a Iago e fai o segundo. Na segunda parte, un par de ocasións para cada equipo pero non se movería o marcador non se movería, puidendo ter rematado o partido cun empate a puntos, falando en clave boxeadora. Manuel Espasandin Romar no Corme-San Lorenzo xuveni 2 Partido intenso o Corme-San Lorenzo -Foto-Fin Lema Polo resto, goleadas bastante claras, agás un Outes-Baio que rematou cun 3-5 pero que puido gañar calquera. Foi un choque o de ida e volta, con moitas ocasións para os dous equipos. Comezou o Baio dominando e colocándose 0-4, pero nunha segunda fulgurante o Outes colocouse 3-4 e obrigou ao porteiro baiés a facer 3 paradóns espectaculares para evitar o empate. Xa no último suspiro chegaría o gol da sentenza para os de Brais Cancela. Os Miúdos, a pesar de verse superado nos primeiros minutos por un combativo Cee, conseguía unha boa goleada gracias a unha eficacia goleadora. Cabana Xuvenil Imaxe do Cabana Xuvenil O Cabana non tivo piedade dun Laxe que segue sen aparece pola competición, con 6 tantos de Rubén Reigía. No Carral, o Camariñas presentábase con 11 xustos e o Sofán, despois dunha primeira metade clara pero sen máxima superioridade (2-0 ao descanso), si que aproveitou o baixón físico visitante para rematar cun contundente 8-0. Camarinas-Sofan Xuvenil Imaxe do choque no Carral entre Sofán e Camariñas Só houbo unha cor no Pinguel, cun claro dominio do Soneira ante un Ponteceso que non acaba de atoparse. Os de Pichón, cun xogo moi vistoso e combinativo foi superior, destacando un Sergio que marcou 2 goles e asistiu en 5 dos goles, e Fran con 5 goles como máis destacados. E por último, en San Andrés, un Xallas á alza venceu xustamente ao Zas, gracias a eficacia goleadora, tras unha primeira algo máis igualada na que houbo poucas ocasións. A mellor nova, a recuperación de Brais García para os de Mario.  

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-o-cabana-amosa-as-suas-credenciais/ “Xuvenís: Os Miúdos asaltan o liderato” — Que pasa na costa

Comentarios