Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Só queda un invicto

Xuvenís: Só queda un invicto
Marta Calvo do Outes Xuvenil unha das protagonistas da xornada A xogadora do Outes Marta Calvo, unha das protagonistas da semana E non é o líder. Segue ben fermoso e igualado o alto da táboa da Liga Unificada Xuvenil, con 4 equipos mandando pero dando conta de que hai alternativas. O Fisterra, que chegaba líder á Rocheira, saía cunha derrota que permite ao Corme alzarse ao liderato. Queda só a Esteirana sen estrear o taboleiro de derrotas, tras outro gran exercicio ante o potente San Lorenzo, pero un punto o separa dos cormeláns. Atentos haberá que estar tamén aos Coristanco, Sofán e Outes, mentres que por abaixo, van pintando mellor cas cousas para Muxía, Xallas e Camariñas, que a pesar de non puntuar, si que parece que comezan a competir. A noticia da semana, a convocatoria da cadete, xa competindo cos xuvenís do Outes, Marta Calvo, coa Selección Coruñesa sub-15. E atentos, que toca doble xornada xoves-sábado para esta semana do Pilar.  

Outes - Cabana (1-1)

  • Outes: Antón, Fabián, Joel, Christian, Cartucho, Boris, Marta (Ángel, m.60), Alberto, Fran Lago (Nicolás, m.36), Josiño e Fran Lires.
  • Cabana: Marcos (Roberto), López (Samuel), Pipa, Rubén, Dani, Yago (Breo), Castro (David), Alberto, Simón, Manuel e Cristian.
  • Gol: 0-1, m.37: Simón; 1-1, m.86: Boris.
Outes-Cabana Xuvneil-FotoSD Imaxe do Outes-Cabana-Foto-Cabana SD Partido matutino que abría a xornada e que estivo marcado pola forte calor. Comezou avisando o Outes pero non estivo fino e desperdiciou dúas ocasións nos primeiros minutos. A partir de aí o cadro de Fernando fíxose dono do partido, marcando ao fío do descanso e puideron ampliar a rende en varias ocasións. O guión repetíase no comezo da segunda metade pero co paso dos minutos o Outes íase estirando e foi Boris o que xa os últimos instantes conseguía o empate. Os de Javier Lodeiro q ueren mandar ánimos ao xogador Fran Lago, que rompiu o radio nunha acción fortuita, ao tempo que celebran á gran xogadora aínda en idade cadete, Marta, que vén de ser convocada coa selección femenina coruñesa sub 15. Outes-Cabana Xuvneil-FotoSD Imaxe do Outes-Cabana - Foto-Cabana SD  

Corme - Muxía (5-3)

  • Corme: Lucas, Pandi, Brais, Aitor, Fran Pombo, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu. Tamén: Alex Mato, Roque, Noel, Miguel e Eloy.
  • Muxía: Roi (Liñeiro, m.46), Louzán, Miguel, Marce, Cheo, Vilela (Evaristo, m.60), Martín, Rodri, Damián (Lolo, m.32) (Pablo, m.70), Álvaro e Xan (Fidalgo, m.73).
  • Goles: 1-0, m.20: Samuel; 2-0, m.22: samuel; 2-1, m.36: Xan de penalti; 3-1, m.40: Samuel; 4-1, m.47: Manu Bermúdez; 5-1,m .75: Eloy; 5-2, m.78: Marce; 5-2, m.83: Rodri de penalti.
Partido no que o Corme de Lelo foi bastante superior e resolveu entre o final da primeira parte e o comezo da segunda. O Muxía de Romaní reaccionou algo tarde para maquillar o resultado pero sen tempo para a remontada.  

Esteirana - San Lorenzo (2-0)

  • Esteirana: Dani, David, Kevin, Benja, Joaquín, Alex de Dina, Roberto, Fari, Xian, Jaime e Carajillo. Tamén: Sergio, Rodrigo, Íker, David e Juan.
  • San Lorenzo: Benjamín, Fidi, Fidalgo, Álex Fernández, Esteban, Eloy, Ivito (Alberto, m.46), Martín (Darío, m.75), Jose, Iván Cancela e Aarón.
  • Goles: 1-0, m.2: Jaime; 2-0, m.38: Carajillo.
Calor intenso no Xosé Luís Vara para un choque ao que o cadro de Juni se presentaba con problemas de efectivos, con só dous homes do banquiño (un deles porteiro para ter que saír como xogador de campo). A Esteirana tomou rápidamente o dominio no marcador o que permitiu controlar o partido ante un bo San Lorenzo que sempre tivo que ir a remolque. Así, antes de finalizar o primeiro tempo acadaria o 2-0 final. Os visitantes só chegaron cun remate de Aarón a un centro de Iván que saíu pegado ao pau. Os de Josiño Alves baixaron o pistón na segunda metade e o choque igualouse coa entrada de Alberto nos visitantes. Na segunda parte e xa cos cambios igualouse o partido con moito xogo no centro do campo co que xa non se moveria mais o marcador. Pero o meta Dani volveu desbaratar a mellor ocasión dos visitantes no man a man de Aarón.  

Coristanco - Fisterra (3-0)

  • Coristanco: Cancela, Varela, Sebas, Álvaro, Esteban, Dani, Black, Castro, Braian, RR e Fran. Tamén: Borja e Iago.
  • Fisterra: Jose Carlos, Benlloch (Gabi, m.46), Sergio, Juanfran, Cristopher, Ezequiel, Pichino, Iván (Puyol, m.70), Miguel (Xan Xixo, m.70), Dani (Isaac, m.60) e Aarón.
  • Goles: 1-0, m.2: Braian; 2-0, m.26: Castro de volea; 3-0, m.377: Black dende fóra da área.
Partidazo vivido na Rocheira, moito máis igualado do que di o marcador, no que se enforntaba un Fisterra que chegaba líder ante un gran Coristanco. Os dous equipos pelexaron cara a cara e se ben a vitoria local foi xusta, o choque deixou moitas cousas, sobre todo a seriedade e intensidade dos coristanqueses ante todo un Fisterra. Na primeira parte houbo ocasións para os dous lados pero só acertou o equipo de Eloy que xa no primeiro ataque sacaba unha falta no borde da área e entraba tras abrirse a barreira. Respostaba o Fisterra pero Cancela salvou un par de accións e pouco despois Castro facía o 2-0 cunha fermosa volea. Os de Pablo Lestón púñanse o mono e apretaba para igualar a intensidade dos locais, que collían sempre os segundos balóns e sacaban rápidas e perigosas contras. E tiñan a puntería afinada os coristanqueses como o demostrou Black antes do descanso empalando un dereitazo dende lonxe que se colou pola escuadra, imposible para José Carlos. No segundo tempo intentou de todas formas o cadro fisterrán, pero os locals non baixaron a intensidade e mantivo moi ben a súa liña defensiva. Os visitantes puideron recurtar pero os locais á contra tamén mandaron un balón ao longueiro. O Coristanco quedaba con 10 a falta de 15 minutos pola expulsión de Esteban, e tivo que replegarse ben atrás para aguantar a portería a 0, e pechar así unha xusta vitoria, pero máis folgada no marcador final que o que se viu no partido.  

Baio - Camariñas (4-2)

  • Baio: Julián (Cedrón, m.70), Iago, Pablo, Queiro (Jose, m.50), Manuel María (Regueira, m.60); Sergio, Santi (Ariel, m.65), Dylan; Mohedano, Raúl (Damián, m.60) e Anxo.
  • Camariñas: Sergio; Facundo, Brais (Eric), Manuel, Gabriel; Joseba, Fran, Mario, Anxo (Hugo), Juanito e Adrián Bardanca.
  • Goles 1-0, m.8: Mohedano; 2-0, m.10: Anxo; 3-0, m.63: Anxo; 3-1, m.70: Adrián Bardanca; 4-1, m.80: Anxo; 4-2, m.83: Adrián Bardanca.
Clara melloría do Camariñas dende que Saviola se fixo co mando do equipo. O cadro camariñán, un dos que aínda non estreou o taboleiro de puntos, competiu en Baio pero pagou saír durmidos, pois xa aos 10 minutos o Baio mandaba por 2-0. A partir de aí o Camariñas levou máis o control do xogo pero sen demasiada profundidade. Só as escapadas de Adrián Bardanca levaban perigo. Na segunda metade, xa co claro 3-0 no marcador, Adrián aproveitaba un erro do meta local para recurtar. Aí ata mandou ao longueiro o propio Bardanca no único momento no que o Camariñas se puido meter no partido. Pero os de Bieito e MC volveron poñer o mono e na seguinte xogada Anxo completaba o seu triplete e setenciaba.  

Corcubión - Soneira (2-5)

  • Corcubión: Marcos; Álex, Fran, Oca, Jose Ángel; Samu, Xuli, Jon; Hugo, Lagoa e Luis Lojo. Tamén Mesejo, Abel e Nico.
  • Soneira: Chirstian, Esteban, Ángel, Raúl, Pablo, Sergio, Álex, Fran Moreira, Sebas, Edgar e Brais Pereira. Tamén: Lucas, Nico, Santi e Cristian Canosa.
  • Goles: 0-1, m.2: Edgar; 0-2, m.16: Fran Moreira; 0-3, m.26: Fran Moreira de penalti; 1-3, m.37: Jon; 1-4, m.71: Fran Moreira; 2-5, m.85: Jon.
Empezou o partido sendo de ida e volta. Os visitantes aproveitaron as súas primeiras tres ocasións para poñerse cunha cómoda vantaxe, mentres que os locais marraban as súas. Jon de fóra da área reduciría diferencias antes do descanso. Na segunda os locais intentaron meterse no partido, pero eran os visitantes quen, cun gran Fran Moreira, mataban o partido á contra. Jon de novo maquillaría o resultado de falta.  

Laxe - Xallas (7-5)

  • Laxe: Pablo, Julián, Miguel, Bieito, Bruno; Íñigo, Edu (Álvaro, m.65), Juanili (Iago, m.86), Samu, Valentín (Jesús, m.81), Santi Casas.
  • Xallas: Fabián, Peke, Amarelle, Kevin, Dani, Adrián, Brais, Calo, Guillín e Manu.
  • Goles: 1-0, m.10: Santi Casas; 2-0, m.17: Santi Casas; 3-0, m.34: Valentín; 4-0, m.36: Juanili; 4-1, m.38: Manu; 4-2, m.42: Guillín de penalti; 5-2, m.60: Valentín; 5-3, m.62: Guillín; 6-3, m.75: Julián; 6-4, m.80: Mourelle; 6-5, m.87: Guillín de penalti; 7-5, m.88: Santi Casas de penalti.
Con 11 (e un lesionado) presentouse o Xallas de Juan Prado no Cabo D’area e aínda así pelexou ata o último suspiro. O equipo de Dani Argüelles e Martín Carranete saíu moi forte e en apenas media hora xa mandaba por 4-0, dominando e controlando. Recurtou o Xallas tirando de garra antes do descanso e na segunda metade foi polo partido. A segunda metade foi un ida e volta, con ocasións, e goles, polos dous bandos, cun Xallas levando a iniciativa, a pesar do cansanzo. Marcaba o Xallas e respostaba o Laxe, con partido aberto ata o último minutos, mesmo meténdose o Xallas de cheo na loita polos puntos poñendo o 6-5 a falta de 4 minutos. Unha ilusión que rompía apenas nun minuto Santi Casas, marcando tamén dende os 11 metros e sentenciando o choque, sumando 3 puntos para un Laxe que se afianza entre os de arriba.  

Sofán - Os Miúdos (2-1)

  • Sofán: Christian, Alberto, Alex Fidalgo, Juan, Nacho Eirís, Aarón, Eloy Cabeza, Ángel Cotelo, Nacho Moreno, Simón, David. Tamén: Sergio Pombo, Artom, Fernando, Sebas e Jose.
  • Os Miúdos: Xian, Miguel V. (Xaquín), Rubén, Isma M., Abel, Gael (Ángel Sanandrés), Ángel (Alonso), Ismiña, Javi Sieira (Antón), Miguel Gesto e Riomao (Jesús).
  • Goles: 1-0, m.7: Juan; 1-1, m.13: Javi Sieira; 2-1, m.48: en propia.
Choque entre Sofan e Os Miudos Xuvenil Choque entre Sofan e Os Miudos Xuvenil Partido tremendamente igualado nas Eiroas, cunha intensa calor cunha SD algo máis metida no partido ante un cadro muradán que tivo que xogar cun xogador de campo baixo paus. Comezaron os locais máis enchufados e pronto se adiantaban nunha xogada a balón parado. Pouco despois o cadro muradán empataba o partido, deixando media hora de xogo igualado e algunha ocasión máis para os de Javier Cabeza. A segunda metade arrincaba co gol en propia meta de Miguel tras un centro chut de Eloy, que deixaba o choque de cara para os locais. Intentouno o cadro de Manu Camello e Fernando Silva, pero apenas chegaron con claridade nun man a man, a 5 para o final, de Antón, que salvaba Christian cunha gran parada.  

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios