Martes. 05.11.2024
El tiempo

Xuvenís: Un xesto de deportividade e unha tangana marcan a xornada

Xuvenís: Un xesto de deportividade e unha tangana marcan a xornada
Partido do Corme co Camarinas-Foto-Fin Lema O partido do Corme co Camariñas desenvolveuse cun 8 contra 8-Foto-Fin Lema Curiosa xornada a 11ª na Liga Xuvenil, con varios focos de interese e varios detalles salientables. Polo lado positivo, o xesto do Corme, de acceder a xogar con 8 xogadores, tantos como os que tiña o Camariñas no Cairo. Polo negativo, a liorta que se vivía no campo de Sofán entre o cadro local e Os Miúdos, un deses sucesos que cómpre erradicar do fútbol base. En termos clasificatorios, o Corme segue aumentando a súa renda, e os de atrás van fallando, como lle acontecía precisamente aos Miúdos no Carral. Un choque que deixa ao Sofán no segundo posto, pero con dous partidos máis que o Fisterra, que xa descansou os dous choques da primeira volta. Ademais, a Esteirana endosaba a primeira derrota a un Soneira que estaba chegando de tapado, formando así un grupo de 6 equipos que loitan pola segunda praza en tan só 4 puntos de diferencia.  

Sofan - Os Miudos (2-1)

Xuvenis do Sofan 11 do Sofan
  • Sofán: Christian, Adrian, Nacho, Gaby, Simon, Diego, Eloi (Aarón, m.30), David, Cuadrado (Nachete, m.45), Kevin e Rial.
  • Os Miúdos: Balayo, Flavio,Dani, Fran, Gesto, Abel, Javi, Jose, Jesus, Alon, e Rubén. Tamen xogaron: Ismiña, Txcobo e Pipo.
  • Goles: 1-0, m.15: Rial de penalti; 2-0, m.50: Nachete; 2-1, m.65: Abel.
Partido moi disputado e intenso con moitas ocasións para os dous equipos. Comezaba o partido marcado polo gol dende os 11 metros do cadro local por unhas dubidosas mans. A primeira metade continuaba igualada, e nada máis comezar a segunda o Sofán facía o 2-0 dende fóra da área. Tomaba o mando os Miúdos e pronto recortaba cun golazo de Abel dende 35 metros. Tiña o partido para o empate pero non entraban as ocasións, ata que se parou o choque por unha tangana. Dous xogadores, que xa levaban a piques boa parte do partido, enzarzáronse nunha pelexa. Puñetazo dun sofanista, resposta con patada dun muradán, ao responden moitos xogadores producíndose unha complicada tangana entre varios xogadores, con empurróns, patadas, puñetazos, insultos… unha imaxe lamentable e triste que non axuda nada ao fútbol. Acto seguido parte do público invade o campo. Non lle quedou outra opción ao colexiado que suspender o encontro e chamar as forzas da orde pública. 20 minutos despois, coa ánimos máis calmos reanudouse o encontro, na grada, dous equipos de infantís, desde logo non foi a mellor aprendizaxe a que recibiron mentres esperaban para xogar. Ca reanudación, e tras dúas expulsións, o cadro muradán intentouno con balóns colgados metendo atrás a un Sofán que conseguiu aguantar as embestidas.  

Zas - Cabana (2-4)

Xuvenis do Zas 11 do Zas
  • Zas: Pereiras; Adrián, Rojo, Pablo (Roi), Xabi, Juan (Madelin); Sixto (Unai), Darío, Fariña, Raul; Tomé.
Xuvenis do Cabana 11 do Cabana
  • Cabana: Roberto, (Manuel), Veloso, Brais (Collazo), Samuel (Nando), Dani, David, Pablo (Alex), Javi (Diego), Manuel, Simón e Rubén.
  • Gol: 0-1, m.31: Manuel; 0-2, m.34: Simón; 1-2, m.43: Raúl; 1-3, m.45: David; 2-3, m.69: Roi; 2-4, m.86: Simón.
Xusto triunfo do Cabana sobre un Zas que comezou moi ben e puido adiantarse no marcador con tres ocasións moi claras. Pero foi o cadro cabanés o que se adiantou por partida doble á media hora cos goles de Manuel e Simón. Recurtaba Raúl pouco antes do descanso, pero David marcaba o terceiro para os visitantes xusto no desconto do primeiro tempo. Tralo 1-3, antes do descanso, o Cabana quedou con 9 (por excesivas expulsións) e o Zas apretaba arriba tratando de frear as contras do Cabana, que puido sentenciar moito antes de non deter un penalti o meta Pereiras. O 2-4, no minuto final, sentenciou a contenda.  

Outes - Laxe (12-0)

xuvenis do Outes ante o Laxe copia 11 do Outes
  • Goles: Fran Lires (5), Cartucho (2), Fran Lago, Canoa, Rubén, Kevin e Ramón.
Partido sen moita historia onde o Laxe chegou con 11 efectivos (dous porteiros), e no que o cadro da Serra dominou dende o comezo, se ben o Laxe dispuxo de varias ocasións. Un Laxe que, en todo caso, mantivo un perfecto comportamento no campo e sempre intentou xogar oa fútbol e mesmo sacar o balón combinando.  

San Lorenzo - Xallas (4-1)

  • San Lorenzo: Borja, Cambón, Fidi, Álvaro, Esteban, Garrido, Rubén, Álex Pereiro, Ures, Iván e Sergio. Tamén: Fran, Jota, Pipa e Arturo.
  • Xallas: Fabián, Amarelle, Pensado, Iván Caamaño, Adrián López, Facal, Brais García, Adrián Mourelle, Alex Barbeira, Brais Calo, Brais Blanco. Tamén: Brais Espasandín, Héitor, Víctor, Pablo Pazos e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.38: Iván; 2-0, m.49: Iván; 3-0, m.58: Fran a pase de Iván; 3-1, m.82: Pensado; 4-1, m.84: Jota (p).
Partido lento e con moitos paróns, nos que o San Lorenzo levou a posesión do balón pero no que escasearon as ocasións na primeira metade. Foi un choque gris do cadro xalleiro, inseguro en defensa e impreciso no xogo combinativo de ataque, sen profundidade ofensiva. A primeira parte saldariase con un 1-0 favorable aos locais tras unha indecisión da defensa xalleira e o seu porteiro. A comezos da segunda parte o Xallas subiu liñas e intentábao a balón parado, pero un Borja seguro alonxaba o perigo con boas saídas. E serían os locais os que avanzarían no marcador ata un 3-0. Nese momento o Xallas reaccionou e meteríase no partido anotando o 3-1 e incluso erraría varias claras ocasións de gol.  

Ponteceso - Baio (1-2)

Xuvenis do Ponteceso 11 do Ponteceso
  • Ponteceso: Isaac, Adrián lema, Roberto Baña, Carlos, Martín, Pablo, David Castro, Borja, Diego Álvarez, Jose, Íker. Tamén: Pop, Adrián Ordóñez, Diego, Eloy e Rubén.
  • Baio: Cedrón, Miguel, Martín, Yago, Manuel, Íñigo, Pose, David, Tinciño, Raúl, Pablo. Tamén: Torrado, Samuel, Ezequiel, Adrián e Ariel.
  • Goles: 1-0, m.20: Íker; 1-1, m.25: Pablo Queiro; 1-2, m.78: Raúl.
Partido con poucas ocasións, de respecto mutuo, que comezaba co dominio local, e que se colocaba por diantr cun gol de Íker. Pero aí o Baio reaccionaba e empataba o encontro. Á volta dos vestiarios o Ponteceso subiu liñas, pero non encontraría o premio do gol. O Baio tamén tiña boas opcións de gol ata que Raúl marcaba o gol da vitoria, ante un Ponteceso que segue fallando nos metros finais.  

Corme - Camariñas (5-1)

  • Goles: 0-1, m.12: Anxo; 1-1, m.31: Aitor de penalti; 2-1, m.42: Alex Mato; 3-1, m.53: Aitor; 4-1, m.60: Eloy Villar; 5-1, m.90: Xoel.
Chegaba o Camariñas de Faus con 8 xogadores e o Corme, coas gañas de ter alomenos un partido competido, accedeu a xogar con 8 xogadores. Un susto levou o cadro de Lelo, co gol de Anxo para os visitantes, pero pronto se puxo a traballar o rodillo azulón que dominou e sentenciou pronto.  

Soneira - Esteirana (1-4)

  • Soneira: Christian, Damián, Esteban; Raúl, Lucas, Alex, Fran Moreira, Nico, Brais Pereira, Cristian Canosa, Sebas. Tamén: Isaac, Agulleiro e Edgar.
  • Esteirana: Curriño, Fari, Kevin, Chaki, David, Alex de Dina, Juan, Xian, Benji, Robertiño, Carajillo. Tamén xogaron: Tony, Juan do Tractor, Joaquín e Rodrigo.
  • Goles: 0-1, m.28: Robertiño; 0-2, m.52: Carajillo; 0-3, m.54: Robertiño; 1-3, m.82: Agulleiro; 1-4, m.87; Juan do Tractor.
Primeira parte bastante igualada na que a Esteirana estivo moi serio en defensa, ante un Soneira que chegaba invicto pero con 6 baixas importantes (ademais da lesión de Lucas no ecuador da primeira metade. Adiantouse o cadro esteirán cun golazo de Robertiño. Despois foron minutos de igualdade, recén comezado o segundo tempo, dous erros da defensa local permitían aos esteiráns marcar un 0-3 que sentenciaba o partido. Ao final, resultado excesivo para o visto no campo pero vitoria xusta dos blaugranas.  

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

https://quepasanacosta.gal/xuvenis-os-empates-de-corme-e-os-miudos-devolven-ao-fisterra-a-loita-e-mete-ao-soneira-como-gran-tapado/ “Xuvenís: Unha demostración de deportividade no medio dun partido de tolos” — Que pasa na costa

Comentarios