Xuvenís: Unha demostración de deportividade no medio dun partido de tolos
”Todas as persoas do Sofán que había no campo, tiveron un comportamento de 10 con nós desde o momento que viron que o de Mario podia ser grave. Por iso queremos agradecerllo publicamente, porque ademais non quedou só no momento se non que nos seguen preguntando por el para ver como vai”.
O que fala é Pablo Lestón, adestrador do Fisterra, agradecendo a boa disposición do adestrador do Sofán, Nando, que é fisioterapeuta ademais, e de todo o club vermello, trala lesión de Mario. O cadete fisterrán rompeu o radio, se ben parece que a evolución é moi positiva.
Todo no marco do partido da xornada, un partido de tolos, que deixa ao Fisterra a 4 puntos do líder, un Corme sólido que puido cunhra gran Esteirana. No medio, a 3 do liderato, uns Miúdos que seguen firmes a pesar de descansar esta xornada.
Sofán - Fisterra (7-5)
- Sofán: Christian, Adrián, Simón, Nacho, Eloy, Diego, David, Cuadrado, Rial, Nachete e Kevin. Tamen xogaron: Aarón, Gab, Docampo e Esteban.
- Fisterra: Breo, Diego (Mario) (Mustapha), Rui, Golpes, Miguel, Yago, Ezequiel, Iván Escarís (Quintela), Aarón, Isaac, Xan Xixo (Alejandro).
- Goles: 1-0, 4: Nacho de penalti; 2-0, m.6: Nacho de penalti; 3-0, m.19: David; 3-1, m.26: Isaac; 4-1, m.46: David; 4-2, m.54: Isaac; 5-2, m.62: Kevin; 5-3, m.71: Ezequiel; 5-4, m.79: Isaac; 6-4, m.81: Nacho de penalti; 6-5, m.84: Rui; 7-5, m.92: Kevin.
A segunda foi un choque de ida e volta e se o Sofán puido sentenciar con 5-2 e co 6-4, o Fisterra tivo mesmo o empate con 6-5 anotado a falta de 5 minutos, pero era Kevin o que puña o broche a sorpresa da xornada. Os destacados do choque foron Nachete por parte do Sofan e Isaac polo Fisterra.
San Lorenzo - Soneira (2-3)
- San Lorenzo: Borja, Cambón, Esteban, Fidi, Álvaro, Garrido, Edu, Fran, Ures, Iván e Brais. Tamén: Pipa, Álex Pereiro, Juan e Arturo.
- Soneira: Chris, Rauliño (Dami min.85), Chasko, Jorge, Brais, Pablo (Álvaro min.86), Lucas (Nico min.55), Alex, Cris Canosa (Edgar min.75), Sergio e Fran (Santi min.90)
- Goles: 0-1 Cris Canosa min.11; 1-1 Brais Rey de penalti min.14; 2-1 Diego García min.80; 2-2 Edgar min.85; 2-3 Fran min.92.
Primeira parte moi disputada e igualada ante dous mois bos equipos co que houbo moita intensidade e ocasións repartidas. Adiantaríase o Soneira por medio de Cris Canosa tras anticiparse o porteiro pero 3 minutos despois unhas mans infantís na áea do Soneira permitiría os de verdillo empatar dende o punto de penalti. O Soneira non se sentía cómodo e o San Lorenzo daba sensación de perigo pero sin xerar ocasión de gol agás un mal saque de Chris que case aproveita o San Lorenzo pero remata fora por pouco.
Na segunda parte o San Lorenzo víase superado por un Soneira que tería unha man a man de Fran que salva o meta local, un disparo o pau de Cris Canosa e outro de de Fran e unha clara ocasión de Alex que dentro da área non acerta a rematar a portería cando estaba só. Pero cando mellor estaba o Soneira nunha contra ben lanzada polo San Lorenzo e un rexeite de Chris o San Lorenzo meteriase por diante cun tanto de Diego. Pero o Soneira non se viría abaixo e Edgar faría o empate case dende o medio campo tras unha mala saída e despexe do meta local, e no min.92 Fran non da o balón por perdido e de bonita vaselina poñe o 2-3 no marcador para delirio do equipo visitante.
Ponteceso - Xallas (0-1)
Ponteceso Xuvenil- Ponteceso: Isaac, Adrián, Raul; Roberto (Carlos), Pablo; Borja (Rubén), Lukas (Diego Pereira), Martín (Íker), David; Jose e Diego.
- Xallas: Fabiçan; Iván Amarelle, Nando, Guillín, Adrián, Manuel Pérez, Adrián Mourelle; Alex Barbeira, Pablo; Brais Calo, Kevin. Tamén: Brais Espasandín, Iván Caamao, Pablo Facal, Brais García e Brais Blanco.
- Gol: 0-1, m.30: Adrián López.
Partido dominado polo equipo local ante un Xallas que soubo nadar e gardar a roupa. Non se crearon demasiadas ocasións de gol, e foi o Xallas o que se adiantaría á media hora cun tanto nun saque de esquina, tras un erro de bulto da defensa local.
Na segunda metade mais do mesmo, cun Ponteceso máis enriba pero e cun xallas que non foi capaz de xerar mellor xogo pero que si aguantou o resultado positivo.
Outes - Cabana (3-3)
- Outes: Ángel, Joel, Perol, Cristián, Cartucho (Stefan, m.49), Kevin (Canoa, m.71), Angelino (Fabián, m.56), Josiño, Ramón, Ryan (Fran Lago, m.85) e Fran Lires.
- Cabana: Manuel, Rubén Veloso, Eloy (Íker), Samuel, Dani, Collazo (naim), Roberto, Castro, Manuel, Simón e Rubén.
- Goles: 1-1, m.25: Fran Lires; 2-1, m.36: Ryan; 3-3, m.69: Ryan.
Partido no que os dous equipos buscaban os 3 puntos e que foi moi igualado. O Outes puido levar algo a iniciativa durante moitas fases do partido, pero o Cabana cas súas contras facía moito dano, convertindo ao porteiro cadete Ángel no mellor do partido. Ao final, un empate xusto se ben a vitoria puido caer dos dous lados.
Corme- Esteirana (3-1)
- Goles: 0-1, m.11: Carajillo; 1-1, m.18: Eloy Villar; 2-1, m.33: Alex Mato; 3-1, m.80: Aitor de penalti.
Partido intenso no que se adiantaba o cadro visitante, tras un erro da defensa local. Pero o líder, a base de achuchar, conseguíu darlle a volta ao marcador. Primeiro cunha falta dende o medio campo aproveitando un despiste do meta visitante. E a partir de aí, xa con dominio total Alex Mato puña o partido e cara para o Corme. Na segunda a Esteirana tivo máis posesión e mesmo tivo un par de ocasións para empatar, pero non tiveron fortuna e o Corme sentenciou dende os 11 metros.
Zas - Baio (1-2)
- Zas: Roi; Pedro (Madelin), Pablo, Adrián Tomén, Juan; Darío, Fariña, Sixto, Raúl; Tomén e Unai (Rojo).
- Baio: Cedrón, Miguel, Martín, Yago, Pose, David, Íñigo, Tini, Pablo e Raúl. Tamén xogaron: Ezequiel, Adrián, Samuel e Torrado.
- Goles: 0-1, m.15: Pablo; 0-2, m.25: David; 1-2, m.38: Raúl.
Merecido triunfo do Baio ante un Zas que comezou moi mal e viu como o Baio adiantábase cun 0-2, recortado antes do descanso co gol de Raúl. Na segunda metade pouco xogo, moi trabado e con poucas ocasións de gol. A máis clara un penalti que lanzou Raúl e detivo o meta do Baio, abortando a posibilidade de empate dun Zas moi falto de intensidade os 90 minutos.