Luns. 29.04.2024
El tiempo

1000 libros novos e unha marea de actividades para as Bibliotecas de Dumbría

ABRIL DE LIBROS E LETRAS GALEGAS 2024 Dumbria
1000 libros novos e unha marea de actividades para as Bibliotecas de Dumbría

Nos últimos anos, hai preto dun milleiro de exemplares de libros novos nas cinco bibliotecas de Dumbría, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Ademais ao longo dos vindeiros meses estarán a disposición dos usuarios novas publicacións de álbums ilustrados, literatura infantil, xuvenil e tamén para persoas adultas.

Mentres, co gallo do Mes do Libro e o Dia Mundial do Libro, o Concello de Dumbría desenvolve actividades para darlle máis vida a estes espazos, para abrir estes centros á cidadanía e procurar que non sexan vistas coma meros contedores de libros. Dende o Concello avisan de que dende as Biblios saen historias, aventuras e saberes fantásticos, e por iso ofertan un novo ciclo de actividades e actuacións: contacontos e títeres, maxia, obradoiros de ciencia, de manualidades,...

➢ Martes 16 abril, 18:00 h. Cantar e contar. Grandes éxitos 2004-2024. Caxoto, A Trastenda dos Contos (contos e música). Biblioteca de Berdeogas.

➢ Venres 19 abril, 18:00 h. Debuxar Letras. Alba Farto (obradoiro de lettering) (+7 anos). Biblioteca de Buxantes.

➢ Martes 23 abril, 18:00 h. Robótica na biblioteca. Átomos. (obradoiro de robótica). Biblioteca de Dumbría – O Conco.

➢ Venres 26 abril, 18:00 h. De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca. Antía Yáñez. (obradoiro científico). Biblioteca do Ézaro.

➢ Martes 30 abril, 18:00 h. Coas mans na masa. OQO Editora (obradoiro manualidades con masa + conto). Biblioteca de Olveira.

O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.

Comentarios