Sábado. 04.12.2021
El tiempo

2.400€ e 1 ano sen carné ao condutor que causaba dúas mortes na Noiteboa de 2009

2.400€ e 1 ano sen carné ao condutor que causaba dúas mortes na Noiteboa de 2009

Acontecía o día de Noiteboa de 2009. Un fatídico accidente acaba coa vida dunha muller e do seu bebé preto de Vimianzo en tan sinaladas datas. O seu vehículo impactara de fronte contra outro coche que invadía o seu carril. Un coche que guiaba un mozo dumbriés e que no momento do impacto, case de noite, e chovendo, viaxaba a 135 km/h cando a velocidade máxima da subida de Caxadas é de 100.

Hoxe, o xulgado de Corcubión vén de deixar visto para sentencia o xuizo contra o mozo dumbriés, ante bastante expectación. A Fiscalía pide 2.400€ de multa (20€ por día durante 4 meses) e 1 ano de retirada de carné.
Unhas cifras que non satisfacen nin á familia dos falecidos nin ao colectivo Stop Accidentes, que apunta que "é moi barato matar".

A polémica chega pola decisión da Audiencia Provincial de devolvelo caso ao Xulgado de Corcubión para xulgalo como "delito de faltas" e non como "homicido imprudente". A defensa alega que existiese "conduciópn temeraria" e que o coche, que non era do mozo, tiña unha roda gastada.

Novas relacionadas

Accidentes na estrada no 2011

Fonte

  • ABC.
  • comentarios