Xoves. 12.09.2024
El tiempo

A colocación dun gardarraíl provoca as críticas do novo PP dumbriés

A colocación dun gardarraíl provoca as críticas do novo PP dumbriés

O PP dumbriés, que estreaba voceiro hai pouco, fai pública unha denuncia asegurando que “o Concello pretende bloquear a entrada do domicilio dun veciño coa colocación dun guardarrailes”.
O presidente dos populares, Manuel Barcia, afirma que o guardarrailes bloquea a entrada e a saída tanto de persoas como de vehículos do domicilio.

E vai máis alá, Barcia considera que “podería tratarse dunha “represalia” contra o veciño da parroquia de Regoelle por problemas na expropiación dos terreos para a ampliación da estrada Baíñas- Olveira”.

Barcia afirmou tamén que “este veciño viuse obrigado a aparcar o coche diante da súa casa para impedir a colocación do guardarrailes. Aínda así a empresa encargada de poñelo chamou á Garda Civil para denunciar o estacionamiento do vehículo. Desprazouse unha patrulla ata a zona, pero dixeron que o coche estaba ben aparcado”, comentou Barcia, quen “explicou que deberán ser os xulgados os que aproben ou non a colocación deste guardarrailes”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP dumbriés.

Comentarios