Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis

A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis
A praia de San Francisco de Muros repite a Bandeira Azul A praia de San Francisco de Muros repite a Bandeira Azul Seis praias da Costa da Morte lucirán este verán Bandeira Azul, esa distinción de calidade que otorga a asociación de Educación Ambiental y del Consumidor - Aedac -. Pedra do Sal (Carballo), As Saíñas (Carballo), Ézaro (Dumbría), Langosteira Norte (Fisterra), Laxe e San Francisco (Muros) son os areais que colgarán este verán a súa bandeira azul. Estas son as mesmas praias que contaron xa co distintivo o ano pasado. A única excepción márcaa a praia da Langosteira de Fisterra que, ao dividirse en Norte e en Sur, "perde" media bandeira. Este ano España convírtese no país que ten o maior número de bandeiras azuis cun total  de 686 - 585 praias e 100 portos - o que supón un aumento do 1,2% con respecto ao ano pasado. A comunidade que máis número de bandeiras azuis obtivo foi Valencia, polo que a comunidade galega perdeu o primeiro posto que ostentou o ano pasado. Sendeiros azuis Por primeira vez, Carballo entra na rede de Sendeiros Azuis coa Senda do Mar: Razo-Baldaio. O concello optou ao recoñecemento da Senda do Mar: Razo-Baldaio co obxectivo de dar a coñecer o litoral carballés, que non só conta con praias moi fermosas e o espazo natural da marisma de Baldaio, senón tamén cuns espectaculares cantís que forman parte deste percorrido. Así, esta senda do mar transcorre durante doce quilómetros, de este a oeste, dende o monte da Vixoteira no límite con Caión, ata Santa Mariña, no límite co concello de Malpica. Trátase dunha senda natural protexida, xa que transcorre en parte pola Rede Natura e por espazos de especial valor natural e paisaxístico, con flora e fauna protexidas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor

Comentarios