Mércores. 30.11.2022
El tiempo

A Costa da Morte vibrou coa Vuelta

A Costa da Morte vibrou coa Vuelta
Día histórico o de onte na Costa da Morte coa chegada da Vuelta Ciclista a España á nosa bisbarra. Comezamos cunhas pinceladas do que foi a etapa. I é que Purito continúa a manterse por diante. A subida do Ézaro era unha das súas especialidades e así asinou a súa segunda victoria de etapa. Joaquim Rodríguez lanzou o seu ataque definitivo a cincocentos metros da liña de meta, xusto cando xa marchaba en solitario con Alberto Contador. O madrileño non foi quen de facerlle fronte e cedeu oito segundos. Purito é o líder arestora, con trece segundos de vantaxe con respecto a Contador. Festa por todo o alto Faltan calificativos para referirnos ao que foi unha festa por todo o alto. Comezou a chegar a xente ao Miradoiro do Ézaro arredor do mediodía. Nuns primeiros cálculos, que nos comentaba César Ferrío, técnico do Concello de Dumbría, a organización calculaba que máis de vinte mil persoas se achegaron ata O Ézaro, e dende todos os puntos de Galicia. Incluso chegou xente dende Ourense ou Portugal. Foi moita a xente que se tivo que armar de paciencia para esperar á chegada dos corredores nunha xornada de calor. Incluso houbo xente que non puido ver o final da etapa porque non había lugar onde poñerse. A xornada foi de calor de xeito moi intenso. Ademáis coa dificultade engadida -os que foron en coche- de ter que estacionar o vehículo a máis dun quilómetro do punto neurálxico. Tamén houbo tempo para as reivindicacións, como foi o caso da Asociación Monte Pindo Parque Natural. I é que despregaron nos arredores do Pico Penafiel unha pancarta de trinta metros co lema Monte Pindo Parque Natural. Ademáis se pasaron polo Ézaro grandes mitos da historia do ciclismo, como Perico Delgado, Óscar Pereiro ou Abraham Olano. O alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño estivo dende pola mañá no Ézaro para controlar que todo estaba baixo control. Ao final a espera pagou a pena, pois non estamos acostumados a que probas deportivas de primeiro nivel se pasen pola Costa. Os folgos da xente na subida ao Miradoiro do Ézaro foron determinantes nos últimos metros da etapa. Aquí queda o final de etapa:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios