A Deputación financias as obras de mellora da estrada traseira do Mirador do Ézaro
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou un novo acordo co alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño, no que se formaliza a achega provincial para as obras do camiño de San Crimenzo ao cruce de Santa Uxía no Mirador do Ézaro.
Con estas actuacións, mellorarase a capa de rodadura e sinalizarase o cruce de Santa Uxía co pintado de pasos de cebras e isletas, así coma sinais verticais. A achega provincial para este fin será de 40.000 euros, que supón un 74,57% do total de 53.641,32 €.
O alcalde do municipio recordou que, ademais de ser unha obra importante pola mellora da accesibilidade, o é máis porque este camiño será paso de La Vuelta ciclista este verán “co que supón ter de novo o Mirador do Ézaro na boca de todo o mundo”.
Con respecto á repercusión do evento deportivo no Concello de Dumbría na anterior edición, Pequeño salientou que “só hai que ver as cifras da pasada Semana Santa para ver o efecto positivo que tivo este certame”.
Novas relacionadas
- Novas melloras nas estradas do Mirador do Ézaro para poñerse a punto para a Vuelta.
- Eliminan un vertido de augas residuais procedente dunha planta de formigón de Dumbría.