Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A Fervenza do Ézaro tinguirase de púrpura pola Sarcoidose

A Fervenza do Ézaro tinguirase de púrpura pola Sarcoidose
Fervenza do Ezaro iluminada-Foto-Cosas sencillas de la vida A Fervenza do Ézaro tinguirase de púrpura pola sarcoidose-Foto-Cosas sencillas de la vida na pasada Semana Santa

Ao igual que fixera polo Día Mundial do Cancro de Colon, a Fervenza do Ézaro tinguirase por unha boa causa. Farao nunha das dúas noites extra de iluminación antes do verán, dado o éxito da Semana Santa, e será a prol da Asociación Nacional de Enfermos de Sarcoidosis, ANES, pois este mes de abril é o mes da sarcoidose.

Fernando Varela, o Coordinador para Galicia da asociación, natural de Ponteceso pero residente en Malpica, confírmanos que a fervenza lucirá unha fermoso cor púrpura a noite do sábado 28 de abril, entre as 22:00 e as 23:00h.

Varela confírmanos que en Corme e Carballo hai varios socios da entidade, pero que pola comarca hai moit máis xente afectada pero que non quere visibilizarse. Trátase dunha enfermidade pulmonar, que provoca fatiga, dores articulares, problemas de vista… da que non se sabe cal é a causa. Por exemplo, a Varela aféctalle á capacidade pulmonar, e se antes corría abanda de Xaviña (co Buño) ou do Xosé Luís Vara (coa Esteirana), agora non pode nin calzar as botas.

A ANES nacía da xuntanza de 5 doentes en 2012, co afán de afrontar esta descoñecida enfermidade. “ANES quere facer de porta na que as persoas que sofren a sarcoidose poidan petar para descargar os seus medos e as súas dúbidas, promover o estudo e investigación sobre as causas, o seu desenvolvemento e tratamento.”

Novas relacionadas

Fonte

  • Turismo Dumbría.

Comentarios