Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Xunta asegura que os 3 saltos no Xallas non suporán novos obstáculos no río

A Xunta asegura que os 3 saltos no Xallas non suporán novos obstáculos no río

A pesar das críticas dos colectivos conservacionistas, a Xunta quere hoxe destacar "os principios de sustentabilidade ambiental que se sinalan no Plan Hidrolóxico Galicia-Costas" para a obra de 3 novas minicentrais no río máis explotado de Galicia.
Unha visión que non comparte o Conselleiro Agustín Hernández que expresa con estas palabras o sentimento do río Xallas: "o río Xallas verase beneficiado, xa que a modificación concesional tamén varía o réxime de caudais ecolóxicos esixido, incrementando os valores de caudais mínimos que se deben deixar circular polo seu leito".

Hai apenas un mes a empresa Ferroatlántica daba conta de que xa tiña orzamento aprobado pola Xunta para a construción dos novos saltos de A Fervenza II, Novo Castrelo e Ponte Olveira II, sendo xa 8 as minicentrais e 4 os encoros construídos en 9 quilómetros do río Xallas.

E volven falar de cifras de postos de traballo inauditas dende a Xunta apuntando que prevén "a creación de un total de 684 postos de traballo".

Dúas novas subestacións

A Xunta quere incidir en que "as obras centraranse na modificación de eses tres aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas". Pero ao tempo informa de que ademais se construirán dúas subestacións adicionais á prevista por REE en Regoelle-Dumbría. Unha é a subestación de Ponte Oliveira e a outra a subestación de Santa Uxía. Ambas irán destinadas a elevar á tensión de transporte a enerxía procedente das centrais próximas. Ademais, a sociedade promotora prevé a construción de dúas novas subestacións.

Niveis enerxéticos

A nivel enerxético incrementarase a potencia eléctrica instalada nun total de 19,74 Megavatios (Mw), e verase aumentada a produción procedente das fontes hidráulicas en 47 Gigavatios hora /ano (Gwh/ano). Este aumento da potencia, permitirá un aforro adicional de máis de 17.400 toneladas de emisión de CO2 para producir a mesma enerxía que se fose xerada nun ciclo combinado, ou de 45.167 toneladas de CO2 nunha central térmica de carbón.

A realización destes proxectos enmárcanse dentro da planificación de Red Eléctrica de España (REE) para o período 2008-2016, onde "contémplase a mellora da calidade de distribución eléctrica en toda a área xeográfica da Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios