Acordo dumbriés para dinamizar o tecido social e cultural
10:17 24/09/24
O Concello de Dumbría vén de asinar un convenio coa empresa XEAL mediante o cal a empresa se compromete a contribuír á mellora, diversificación e ampliación da oferta de actividades socioculturais, así coma á promoción da conservación e restauración do patrimonio natural e cultural do municipio a través de actuacións que permitan o desenvolvemento sostible.
O rexedor Raúl González, alcalde do concello de Dumbría, indicou que “é interesante retomar a sinatura deste tipo de acordos porque nos permitirá diversificar a programación social e cultural do Concello de dumbría.”