O Álbum de cromos completou a serie de presentacións en Dumbría e Sofán

Dúas xogadoras do Dumbría cos seus álbumes do Fútbol da Costa

Despois das citas de Muxía e Cabana e de Muros e Santa Comba, a xira de presentacións do álbum de cromos do Fútbol base da Costa chegou ao seu fin con dúas sesións celebradas este mércores 24 de xaneiro en Dumbría e Sofán.

Presentación do Álbum no Carral

Foi outro desbordamento de ilusión a que vivimos. En Sofán, máis de 150 nenos do cadro carballés e varios coristanqueses fixeron espera para facerse co seu prezado álbum, e puideron fixarse nunha das grandes promesas do fútbol galego: a carballesa Elena Vázquez. A xogadora internacional do Real Club Deportivo Abanca, nomeada hai 2 anos (con apenas 15) como Mellor Xogadora da Costa na Gala QPC é un exemplo perfecto do que queremos transmitir con estas presentacións, nas que invitamos xogadores e xogadoras da nosa contorna que son perfectos espellos nos que as nosas crianzas sen poden mirar. Non fai falta acodir á tele ou a Champios para ter referentes; témolos na casa, e Elena é precisamente un deles.

Unha Elena que nos contaba hai 2 anos, xa con ofertas do Depor enriba da mesa, que quería quedar no Bergan para “xogar cos amigos de toda a vida” representando á perfección o que queremos transmitir: o fútbol é un gran axente socializador e un fundamental xerador de amizades.

Elena Vazquez e Ricardo Serrano repartindo álbumes aos nenos do Sofan

Confraternización en Dumbría

Bancada multicolor no Conco

E precisamente nesa liña se desenvolveu a sesión celebrada no Conco pola tarde. Cun pavillón perfectamente acondicionado polo Concello de Dumbría, nen@s de Dumbría, Cee, Fisterra e Zas compartiron a ilusión por facerse co seu álbum e cos primeiros cromos, completando unha máxica xornada de confraternización, e exemplificando á perfección a nosa intención de seguir unindo as vilas da Costa da Morte. “Que un neno de Cee e un de Zas compartan esta ilusión, e se coñezan a través dun cromo, servirá para que dentro duns anos, cando se vexan na discoteca, teñan moitas cousas en común”, explicaba Ubaldo Cerqueiro.

Noemi, Sabela, Juan oBello, Pablo Paz e Adrián Makaay con Ubaldo

Os protagonistas desta sesión, ademais das crianzas, e que refrendaron que no fútbol, o máis importante é “facer amigos” foron Juan oBello (eterno trotamundos do mundo do fútbol, que vén de retirarse aos 46 anos, despois de 35 en activo), Adrián Makaay (buque insignia do Fisterra, onde é máis coñecido que Lucas Pérez), Pablo Paz (capitán do Dumbría con xa case 10 anos no club), Sabela (nova xogadora do Dumbría con apenas 15 anos), e Noemí (porteira do Cee e xa toda unha veterana aos seus 18 anos).

Así de fermoso luciu o campo do Conco

XA Á VENDA

Así que a partir de hoxe xa tendes os cromos en todos os puntos de venda da comarca

Estes días subiremos unha completa galería de fotos ao Facebook de Quepasanacosta e ao Instagram @quepasanacosta.

TODA A INFO DO ÁLBUM