Martes. 30.04.2024
El tiempo

O álbum de cromos reparte ilusión e crea referentes da casa

Presentacion Album de Cromos Futbol da Costa en Cabana con Jairo e Brais
Presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa en Cabana con Jairo e Brais
O álbum de cromos reparte ilusión e crea referentes da casa

Xa contamos como foron as presentacións do álbum de cromos do Fútbol Base da Costa en Muros e Santa Comba. E queremos facer parada tamén en Muxía e Cabana, onde se viviron xornadas moi especiais.

A familia de QPC quere aproveitar estas xornadas, nas que entregamos un álbum a cada neno, para incidir na importancia do fútbol como axente socializador e xerador de amizades para toda a vida. E a sesión no Auditorio de Cabana foi o mellor dos exemplos. Centos de nenos e nenas de Cabana, Cerqueda, Ponteceso, Corme e Laxe déronse a man e compartiron ilusión, facendo máis real que nunca o noso propósito de que este álbum sirva para facer amigxs entre varios puntos da comarca. O noso propósito de seguir vertebrando a Costa da Morte, e seguir afondando no sentimento de pertenza á esta comarca.

Presentacion Album de Cromos Futbol da Costa en Cabana con Jairo e Brais 2
Auditorio cheo
Suso do Cabana Brais e Jairo e Dani Reixia do Cerqueda responderon as preguntas de Oscar Leis
Suso do Cabana, Brais e Jairo, e Dani Reixia do Cerqueda responderon ás preguntas de Oscar Leis

Os cormeláns do Deportivo Brais e Jairo déronse un baño de masas, compartiron as súas lembranzas por Corme, e acabaron asinando autógrafos nos álbumes (e nas sudaderas dos clubs) coma se fosen auténticas estrellas da Champions.

Foi o directivo Suso Castro o que excusou a falta do central cabanés Dani Barcia. Suso, tío do xogador da primeira plantilla tiña moitas gañas de vir á súa casa, pero non puido asistir por ter un exame universitario en Madrid.

Tamén estivo presente Dani Reixía, capi e presi da UD Cerqueda, que repasou a ilusión que lle ixo coleccionar o seu cromo.

Brais e Jairo asinando autografos en Cabana
Brais e Jairo fartáronse de asinar autógrafos en Cabana

Así foi a de Muxía

Presentacion Album de Cromos Futbol da Costa en Muxia
Rapazada do Muxía

Pola tarde, fixemos parada en Muxía, cun auditorio cheo de rapaces da vila da Barca. Precisamente Barca foi unha das protagonistas, como gran pioneira do fútbol feminino da comarca que este ano demostrou o seu compromiso co seu “pueblo” e deixouno todo para vir competir no primeiro equipo feminino da historia do club da súa casa. Ao seu carón estivo Manu Nogueira, un dos referentes do primeiro equipo, un deses rapaces que tivo calidade e vontade suficiente para pasar polas categorías inferiores do Dépor para volver a casa a xogar cos amigos de sempre.

Tamén tivo protagonismo Raúl Lema, un rapaz muxián que xoga no cadro branquiazul e que compartiu as súas experiencias cos peques, respondendo as preguntas dun queridísimo tralo seu paso polo club, Óscar Leis.

Presentacion album da Costa Muxia con Raul Lema Manu Nogueira e Barca
Óscar Leis falando con Raúl Lema, Manu Nogueira e Barca

Xa á venda

Así que a partir de hoxe xa tendes os cromos en todos os puntos de venda da comarca

Estes días subiremos unha completa galería de fotos ao Facebook de Quepasanacosta e ao Instagram @quepasanacosta.

Toda a info do álbum

Comentarios