sábado. 14.12.2024
El tiempo

Ilusión máxima na xira de presentacións do álbum do Fútbol Base da Costa en Muros e Santa Comba

Presentacion Album de Cromos Futbol da Costa en Muros
Imaxe da presentación do Álbum de Cromos en Muros
Ilusión máxima na xira de presentacións do álbum do Fútbol Base da Costa en Muros e Santa Comba

Parecemos os Reis Magos repartindo ilusión pola Costa da Morte. A xira de presentacións do álbum de cromos do Fútbol Base da Costa está sendo un auténtico éxito.. Centos de familias están ateigando os centros culturais onde estamos facendo entrega do prezado tesouro do álbum a cada un dos 1.600 nenos e nenas que saen nesta edición dos cromos da Costa, convertindo estes eventos en auténticos puntos de encontro, nos que afondamos na importancia do fútbol como xerador de amizades para toda a vida, e no que intentamos que a rapazada da Costa consiga atopar referentes, espellos nos que fixarse, na casa, sen necesidade de ilos buscar á televisión.

As caras de felicidade dos nenos cando recibían o seu álbum, ou mesmo cando conseguían atopar o seu cromo tras facerse cos primeiros sobres, é unha cousa que lembraremos sempre!

Repasamos como foron as citas de Muros e Santa Comba, como tamén fixemos coas de Muxía e Cabana:

Muros

Oscar Leis Victor Casais Rober Pladur Simon e Angel na presentacion album da Costa Muros
Óscar Leis, Víctor Casais, Róber Pladur, Simón e Ángel na presentación 

A xira arrincaba o luns en Muros, nun auditorio da Casa da Cultura ateigada de nenxs das Miúdas, Carnota e Esteiro. Precisamente esa conxunció de rapaces de diferentes vilas da comarca é un dos grandes retos deste proxecto: axudar a vertebrar a Costa da Morte, e facer que estes rapaces que hoxe teñen entre 6 e 12 anos, dentro de uns cantos anos máis, cando vaian as discotecas, teñan unha vinculación especial, se coñezan.

Alí foron Rober Pladur e Simón por parte da Esteirana, Ángel como capitán do Lira, e Víctor Casais (xogador muradán do Pontevedra de 2ª RFEF) os que responderon ás preguntas de Óscar Leis (Pati, capitana das Miúdas, non puido asistir). Foi unha sesión emocionante, que serviu para afondar nesas amizades que perfectamente representan Simón e Pladur, dous nenos criados no vestiario blaugrana que manterán unha amizade para sempre.

En Santa Comba

Presentacion Album de Cromos Futbol da Costa en Santa Comba
Rapazada de Santa Comba

Os referentes en Santa Comba foron Doro (o actual presi do Xallas non necesita presentación) e Pichi, capi e un dos emblemas do Soneira SD. Falaron tamén con óscar Leis despois de que a Concelleira de Deportes Patricia Val Antelo apuntase o fermoso que é este proxecto e a sorte que ten a cativada de poder coleccionarse a si mesmos. "O futuro Doro seguro que está hoxe aquí", sinalou destacando que "os referentes témolos na casa".

Oscar Leis Doro e Pichi na presentacion do album de Santa Comba
Óscar Leis con Doro e Pichi 

 

Xa á venda

Así que a partir de hoxe xa tendes os cromos en todos os puntos de venda da comarca

Estes días subiremos unha completa galería de fotos ao Facebook de Quepasanacosta e ao Instagram @quepasanacosta.

Toda a info do álbum

Comentarios