Martes. 30.04.2024
El tiempo

Xa case está aquí o álbum do Fútbol Base da Costa

Albums do Futbol da Costa Base 2023-2024
Estas son as portadas dos álbums do Fútbol da Costa Base 2023-2024
Xa case está aquí o álbum do Fútbol Base da Costa

Xa non queda nada. Estas son as portadas dos álbumes de cromos do Fútbol Base da Costa da morte para esta temporada 2023/2024. Unha portada salgada feita por Richar de Sportcrom coa axuda desta Foto feira por Rosaura Romo.

A vindeira semana do 22 de xaneiro xa teremos os sobres do álbum do Fútbol da Costa vetebrando a bisbarra.

Pero este ano temos unha novidade: serán 3 os álbumes.

Unha medida que se debe a unha razón concreta: o gran incremento de fichas que presentan esta temporada os clubs con respecto á temporada 2019/2020. En apenas 4 temporadas pasamos de 1100 xogador@s aos 1600 protagonistas cos que contará esta colección da 23/24. Unha cifra que dá conta do incremento de fichas que vive o noso fútbol base, sobre todo, dende a pandemia.

6 categorías: de 6 a do 12 anos

A colección englobará as seguintes categorías: Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Promesas.

3 álbumes

Para poder organizar as coleccións e que non se fagan eternas, fixemos 3 álbumes, separando por categorías, pero ademais un deles xeograficamente.

  • 1 álbum único para as categorías Biberón, Prebenxamín e Benxamín (arredor de 700 estrellas).
  • 2 albumes (de arredor de 450 cromos cada un) para as categorías Alevín, Infantil e Promesas, dividido segundo a seguinte disposición xeográfica:
    - SUR: Outes C.F., E.D. Os Miúdos, S.D. Esteirana, E.F.C. Carnota, U.C. Cee, S.D. Fisterra, Muxía C.F., E.F.C Camariñas, C.F. Dumbría, CD Concello Zas.
    - NORTE: Soneira S.D., Mazaricos C.F., Xallas F.C., Cabana S.D., S.D. Coristanco, U.D. Cerqueda, S.D. Sofán, Ponteceso S.D., Corme C.F. e S.D. Laxe.

Estes días iremos convocando aos clubs para as presentacións que estamos armando, para facer entrega dun álbum a cada “estrella da Costa” e os sobres para os puntos de venda.

Máis novas do Álbum

Comentarios