O alumnado-traballador do Obradoiro Camiño do Solpor dará clases de iniciación ao ioga en Dumbría, Cee e Corcubión

11:01 25/01/22
Oalumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor IV", na especialidade de instrución en ioga, comeza o vindeiro 31 de xaneiro a impartición de clases de iniciación ao ioga nos concellos promotores do proxecto: Dumbría, Cee e Corcubión.
As actividades serán realizadas en 2 sesións de 45 minutos de duración, ás cales se poden inscribir no número de teléfono 676657565. A previsión de remate das mesmas está fixada no mes de xullo.
- No Concello de Cee as actividades levaranse a cabo todos os luns no pavillón de Brens de 10:30 h a 11:15 h e de 11:45 h a 12:30 h;
- No Concello de Corcubión todos os mércores no pavillón municipal de 11:30 h a 12:15 h e de 12:45 h a 13:30h;
- No Concello de Dumbría, nas instalacións deportivas O Conco todos os venres de 10:30 h a 11:15 h e de 11:45 a 12:30 h.
O alumnado-traballador anima a toda a poboación interesada, a inscribirse nas actividades fixadas nos próximos 6 meses para coñecer os beneficios desta disciplina na consecución do benestar físico e mental.