Arde parte dunha cociña no Ézaro
19:51 08/11/17
Este mediodía rexistrouse un incendio nunha cociña dunha vivenda unifamiliar situada en Santa Uxía, no Ézaro (Dumbría). A voz da alarma saltou ás 13 horas cando o propietario chegou á casa e se atopou coas lapas quen non dubidou en apagalas con auga.
Ao mesmo tempo, deron aviso ao equipo de Bombeiros de Cee quen se ocupou de apagar os rescoldos e ventilar a vivenda. O incidente saldouse cunha campá queimada ao igual que os mobles da cociña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee