Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Balcón da Costa da Morte

Mirador Cabral copia
O Balcón da Costa da Morte

Aos que nos gusta facer sendeirismo e contemplar panorámicas polos montes da Costa da Morte, temos un extraordinario balcón a 532 m. de altura no territorio de Dumbría. Neste punto, coñecido como Alto da Cruz de Cabral, existe un vértice xeodésico e tamén está o radar controlador das rutas marítimas polo corredor da Costa da Morte. O seu edificio con forma de “pirulí” de cor blanca divísase a moitos quilómetros na redonda. Con tempo despexado, e a ser posible acompañado duns prismáticos, no seu horizonte podemos ver o seguinte: Comenzamos polo norte, no sentido das agullas do reloxo, cercano a nós vemos as minas de caolín de Castrelo e o Val de Vimianzo, no pico e a 408 m. de alto está a Capela de San Bartolo e, cara á dereita podemos divisar o Pico de Meda (561 m.) Continuando polo horizonte e a unha distancia duns 20 Qm. vemos as casas de Santa Comba.

Se diriximos unha visual sobre o encoro da Fervenza e a unha distancia duns 60 Qm. podemos ver (mellor pola tarde) a silueta dun pico moi característico, é o Pico Sacro (Santiago). Xirando á dereita está o Monte Aro (556 m.) e o Val da Picota. Continuando polo horizonte vemos uns montes adornados de eólicos. Os primeiros están no Monte da Ruña (646 m.) e a continuación está o Monte do Pindo destacando o pico da Laxe da Moa (529 m.), uns 17 m. más baixo co pico da Ruña.

Se nos movemos un pouco cara á esquerda da Moa vemos ao lonxe un estreito val onde divisamos o alto do Monte Enxa (538 m.) que alberga os equipos do control marítimo. Continuamos á dereita, sobre o horizonte temos os  Montes de Buxantes, destacando o Alto da Pena (502 m.) e rematamos  no pobo de Fisterra,  co seu Cabo. Se continuamos cara á dereita, cercano a nós temos as antenas do Monte de San Pedro Mártir (364 m.).

Ao fondo divísanse os Montes de Touriñán e o mirador de Lourido (312 m.) que tapa o novo Parador de Turismo de Muxía. Continuamos contemplando o pobo de Camariñas co seu Faro Vilán, os montes de Camelle e rematamos  cos Montes de Vimianzo, destacando os picos de O Faro (442 m.) y A Vela (418 m.).

Como chegar

No P.Km. 16,6 da estrada AC-441 que de Muxía conduce a Negreira, sae un ramal asfaltado, en bo estado, cara ao sur señalizado cun rótulo “Estación de Control Marítimo Chan das Lagoas”  e nun treito de 2,6 Qm. chégase ao edificio. O chan do mirador está uns 20 m. máis o norte do radar. Temos que aclarar que a paraxe “O Chan das Lagoas” non está situado no solar do radar senón  1,5 Qm. máis ao sur onde antigamente había dúas lagoas e nace o río de Hospital. Este monte pertenecía a un lugar, xa desaparecido, coñecido como “Lugar de Cabral” e neste punto existíu unha cruz.

O Modesto Patrimonio

 

Patrimonio Pindexo

Comentarios