As Bibliotecas de Dumbría énchense de contos por Outono

08:00 14/09/22
Vai pasando o verán e as familias imos collendo ritmo escolar. E para facer as tardes máis levadeiras, moito parque e algo de Biblioteca. Para iso, as 5 Bibliotecas Dumbriesas encheranse de contos e actividades gracias ao programa de dinamización de bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, Ler Conta Moito.
o 19 de setembro ao 7 de outubro, serán 3 semanas intensas con sesións todos os días da semana ás 18:00h, alternando as parroquias.
Inscríbete no 981 744 001.