Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros retiran unha árbore e un poste que caeran sobre a estrada e o tendido eléctrico

arbore caida en Cee
Os Bombeiros retiran unha árbore e un poste que caeran sobre a estrada e o tendido eléctrico

Esta pasada tarde de domingo, os Bombeiro de Cee tiveron que acodir a retirar unha árbore e un poste. Primeiro, arredor das 13:30h unha árbore caía sobre un tendido eléctrico na entrada dunha vivenda no lugar de Bréns, na estrada AC-550. Os Bombeiros, tras tomar as medidas de seguridade, extendían o brazo do vehículo de altura, cortaron a árbore e a retiraron de enriba do tendido.
Non houbo que lamentar danos personais.

Xa ás 19:30h, a dotación tivo que desprazarse ao lugar de As Teixoeiras, Buxantes, Dumbría. Yn poste estaba obstaculizando a estrada que vai de Ansean a San Crimenzo. Foron ata o punto para abrir a circulación, tras retiralo coa axuda dunha eslinga e o “winchi” do camión, posándoo sobre o monte ata que a compañía de mantemento o coloque no seu sitio.

Incendio nunha vivenda de Fisterra

Bombeiros de Cee

Antes, pola mañá, a Garda Civil actuaba rapidamente sufocando cun extintor un incendio dun conxelador nunha vivenda
en Castromiñan en Duio- Fisterra. Nun primeiro intre non se sabía si había alguén dentro. Os Bombeiros acodiron para ventilar de gases tóxicos a vivenda e que non quedasen focos nin puntos quentes e a confirmación de danos ao propietario.

Comentarios