Buxantes foi o epicentro da tradición costeira
07:46 24/04/23
Convertiuse este sábado Buxantes no epicentro da música tradicional costeira. A Asoc. Fonte Santa de Buxantes (da que forma parte o grupo Gaiteiros de Buxantes), convocaba unha xuntanza de grupos e asociacións culturais de música e baile tradicional galego. Máis de 90 músic@s e bailador@s disfrutaron dunha xornada chea de talento.
Asistiron á cea e á foliada membros dos seguitens grupos e asociacións:
- Asoc. Cultural Abaladeiras de Muxía
- Grupo de Baile Breogán de Brens
- Mestura Fol
- Os Nosos
- Os Sentenarios
- Os Sib do Solpor
- Asoc. Cultural Pedras Miudas
- Peta Forte
- Asoc. Terra de Sena
- Grupo Folk Xaramiños do Corpiño
- Asoc. Cultural Fonte Santa de Buxantes