Cales son as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte?


Para descubrilo, a estación de Servizo Bazarra, demostrando que é moito máis que iso, se puxo a preguntar á veciñanza costeira a través das súas redes sociais. A través do seu Facebook foi animando ás xentes a votar cales eran, para nós, para as xentes da Costa, as nosas 7 marabillas arquitectónicas.
Xa tocarán as naturais, pero polo de pronto, quixeron descubrir cales son os edificios máis fermosos e emblemáticos para os costeiros. E de feito, así o explican: É certo que a Costa da Morte é coñecida polas súas paisaxes, as súas praias paradisíacas, a súa gastronomía e, por que non, polos seus temporais, pero poucas veces falamos dos grandes tesouros que ocultan os seus pobos e aldeas. Desde épocas prehistóricas ata a actualidade, esta terra foron habitadas por diferentes pobos, culturas e civilizacións. Proba diso son as innumerables pegadas que deixaron en cada recuncho da costa: dólmenes, menhires, castros, castelos, faros, pazos, modernas casas e monumentos.
Despois de facer a “semifinal” con 14 edificios, as últimas votacións deixáronnos xa as 7 marabillas. E son as seguintes. Xulguen vostedes mesmos, pero a nós parécenos unha selección ben acertada. En todo caso, foron os propios lectores os que as escolleron:
- Hórreo de Carnota.
- Edificio Fernando Blanco de Cee.
- Cemiterio de Cores de Dumbría.
- Museo de Man de Camelle.
- Castelo de Vimianzo.
- Faro Fisterra.
- Igrexa de Moraime.
Máis información
- Bazarra.com: As 7 maravillas arquitectónicas da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).