Venres. 29.03.2024
El tiempo

Citados os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora na estrada en Olveiroa

Citados os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora na estrada en Olveiroa
senda-peonil-olveiroa senda-peonil-olveiroa Con motivo das obras de ampliación da DP 3404 de Serra de Outes a Dumbría o Boletín Oficial da Provincia publicaba onte o anuncio de pago dos depósitos previos e indemnizacións polas expropiacións que se levarán a cabo na zona afectada. A Deputación da Coruña, encargada das obras, destina 15.160 euros para expropiar un total de 3.506 metros cadrados, que se suman aos 462.313,24 euros que se investirán na obra. Así, os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados o vindeiro martes 12 de xuño, de 16:30 a 17:30 horas, no local social de Olveiroa. O proxecto, que se inclúe na sexta fase do Plan de Investimentos en Vías Provinciais, afectará a un tramo de preto dun quilómetro na contorna de Olveiroa. Este é un tramo polo que discorre o Camiño de Fisterra a Muxía polo que ten unha afluencia de visitantes moi importante, sobre todo nos meses de verán. Así mesmo, a DP-3404 é frecuentemente utilizada polos peregrinos para acceder á ermida de Santa Lucía. Tamén se trata dun vial moi transitado polos veciños, posto que o núcleo de Olveiroa se estende a ambas marxes da vía. Obras Na actualidade, este tramo da estrada conta cunha calzada de 6 metros de anchos, sen beiravía na marxe dereita. As actuacións proxectadas inclúen a ampliación da plataforma ata nove metros e a creación dunha senda peonil de 2 metros de ancho na marxe dereita, facilitando así os desprazamentos tanto dos veciños como dos peregrinos en total seguridade. O novo itinerario peonil executarase en formigón e pavimento armado de cor negra de 15 centímetros de espesor. Como elementos de separación entre a senda e a beiravía, disporanse lastros de granito ao longo de toda a estrada. Complementariamente, tamén se executarán as redes de pluviais e de alumeado público e se levaran a cabo tarefas de roza e limpeza nas marxes da estrada. Novas relacionadas Fonte

Comentarios