O Conco prepárase para o Partido Solidario do Combinado da Costa QPC MASC para con Simón e Paseniño
Este venres 3 de xaneiro de 2025, ás 18:00h, o campo do Conco acollerá, cos paraugas preparados, o Partido Solidario do Combinado MASC da Costa - QPC ante o SD Sofán. O Concello de Dumbría e o CF Dumbría, ea RFGF, colaboran con Quepasanacosta na organización deste evento que servirá para recadar de fondos para a Asociación Paseniño.
O saque de honra realizado por Simón Pazos Gómez, un dos dous casos de toda España coa enfermidade rara por alteración do xen MED13.
O combinado costeiro está dirixido por Miguel Chouza (adestrador do Castriz), xunto con Chiki (Castriz) e Bibi (Monte Louro), cunha convocatoria moi potente, baseada nas votacións da Gala do Fútbol da Costa-QPC do ano pasado. Ademais, o trío arbitral estará formado por Manuel Castro Mouzo, Esteban Dominguez e Xoel Forján.
Fila 0
Durante o descanso realizaremos o sorteo de varios elementos, como unha Noite no Faro de Lariño doada por Jesús Picallo, unha camiseta do Depor asinada polos xogadores e doada polo club branquiazul, e unha camiseta e unha pelota da Selección Galega.
Está aberta tamén a Fila 0 para Paseniño: ES45 2080 0022 0530 4003 4273
Concepto: Partido Solidario + número de móbil.
E o sábado, o Combinado FEM en Xaviña
O sábado haberá sesión doble arredor do FUTFEM. Primeiro, ás 16:00h, o CAT de Buño acolle un faladoiro con Elena Vázquez e María Bardanca, e de contado gozaremos no campo de Xaviña do partido do Combinado FEM QPC contra o Victoria CF da Coruña