xoves. 23.01.2025
El tiempo

O FUTFEM da Costa encóntrase con dous referentes: María Bardanca e Elena Vázquez

Encontro FutboldaCosta con Maria Bardanca e Elena Iglesias
O FUTFEM da Costa encóntrase con dous referentes: María Bardanca e Elena Vázquez

Este sábado 4 de xaneiro de 2025, ás 16:00h na previa do Partido Solidario do Combinado QPC FEM da Costa ante o Victoria CF en Xaviña, todas as xogadoras do noso fútbol costeiro terán unha ocasión inmellorable para compartir un rato con dúas referentes do deporte rei.

Unha vez que xa existen os referentes femininos e as nosas xogadoras xa se fixan máis nas Putellas, Bonmatí, Ahinoa Martín ou Michelle, queremos ademais axudar a crear referentes de casa nas novas xogadoras do pioneiro fútbol da Costa FEM. Para iso temos preparado un Encontro directo, no que lle podereredes preguntar todo o que queirades a dúas figuras como María Bardanca e Elena Vázquez. A mesa estará dirixida pola malpicá Laura Rodríguez, xornalista deportiva e coidadora da interesantísima conta @mareandoxogo.

Con esta estarán María Bardanca, toda unha pioneira no mundo do fútbol sala estatal, recentemente nomeada coa Medalla ao Mérito Deportivo pola Xunta de Galicia. A técnica deportiva do Concello de Malpica, amosará a súa cara máis incrible, e contará como formou parte nos anos 90 da primeira selección española de fútbol sala feminino.

Ao seu carón estará a que hai apenas 2 anos foi a capitana da Selección da Costa FEM. Elena Vázquez, recén subcampiona do Mundo coa Selección España sub17, compartirá as súas experiencias na máxima categoría do fútbol estatal cos seus 17 anos, sendo xa unha habitual do Depor Abanca. Un luxo poder contar coa carballesa, que se deixará preguntar a túas preguntas.

Ao remate, poderemos asistir no campo de Xaviña ao Partido do Combinado da Costa en favor da ASFEGA, cuio saque de honra será obra de Marco García Lema.

Máis novas

Comentarios