Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Concurso de foto #DumbríaÉ cumple 13 anos

CONCURSO DUMBRIA Foto
O Concurso de foto #DumbríaÉ cumple 13 anos

O Concello de Dumbría, a través da súa Área de Cultura e Turismo, anuncia o lanzamento da edición 2024 do concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ. Un concurso que trata de promover e difundir a riqueza cultural, natural e patrimonial de Dumbría a través da fotografía.

Dende o seu inicio en 2011, o movemento #Dumbríaé é unha plataforma para que residentes e visitantes capturen e compartan imaxes da beleza e actividades do concello. As etiquetas sociais como #DumbríaéDeporte, #DumbríaéTurismo, #DumbríaéCultura, #DumbríaéCamiño #DumbríaéNatureza, entre outras, axudaron a difundir o encanto de Dumbría nas redes sociais.

Participación e condicións

Para participar, é necesario ser seguidor da páxina oficial de Facebook (https://www.facebook.com/ConcellodeDumbria) ou do usuario oficial de Instagram (https://www.instagram.com/concellodedumbria) do Concello de Dumbría.

Cada participante poderá enviar un máximo de 5 fotografías a través da aplicación utilizada (easypromos.com), achegando un título ou frase descritiva. 

A participación é libre e gratuíta, aberta a persoas maiores de 14 anos, sexan ou non residentes en Dumbría, que serán as responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías e cederán os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello de Dumbría, que as poderá utilizar para promover o concello.

Premios
Premiaranse un total de 12 fotografías, cada unha cun bono de 100 € para consumir nun establecemento hostaleiro do concello. Cada participante pode gañar un máximo de 3 premios.

Prazo de participación
O concurso comezará unha vez publicado na web e/ou redes sociais do Concello de Dumbría e finalizará ás 23:59h do 30 de setembro de 2024.
Poden seguir as redes sociais municipais ou o ver as Bases completas do concurso.
 

Comentarios