Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Copa de España de Promesas de Slalom de Dumbría pendente da persecución do Presidente da Fed. Galega de Pesca

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, asinará un convenio de colaboración coa Federación Galega de Pesca e Cásting. 
foto xoán crespo
O presidente da Federación Galega de Pecsa, Manuel Mouzo, coa Conselleira Ángeles Vázquez. Foto: Xoán Crespo/Xunta
A Copa de España de Promesas de Slalom de Dumbría pendente da persecución do Presidente da Fed. Galega de Pesca

Esta fin de semana Dumbría acolle, nada menos que a Copa de España de Promesas de Slalom. 28 clubs de toda España están pendentes de arrincar para a Costa da Morte. Pero a proba aínda non está confirmada por culpa, segundo denuncia o CDM Piragüismo Dumbría, da “persecución do Presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo Méndez”.

O problema reside en que a devandita Federación de pesca organizou un campionato no río Xallas facéndoa coincidir coa proba piragüista, sendo absolutamente incompatibles por temas de caudai. O Club Deportivo Municipal dumbriés solicitara todos os permisos ás administracións e tamén a Xeal para que libere auga dende o encoro da Fervenza, pois necesita un aumento de caudal nas horas da proba. Pero a indefinición da Xunta fai que a esta hora aínda non se saiba que proba vai poder realizarse.

Dende o club denuncian unha persecución continua da federación de Pesca ao longo destes anos. De feito, do enfrontamento que ten o presidente, natural de Vimianzo, por certo, co deporte das canoas pode vir a falta de concreción do pioneiro canle de Augas Bravas do Couquiño ao que a Xunta non para de poñer trabas. Agora, con esta contraprogramación pon en perigo un evento de nivel estatal que se calcula que pode supor ata 75.000€ de beneficios na comarca.

Denuncias

Dende Dumbría denuncia tamén que a Federación levou ao Club ante os xulgados en varias ocasións, denuncias das que ningunha saíu nunca adiante posto que a entidade sempre contou con tódolos permisos e trámites precisos para celebrar as súas competicións.

Lamentan que se ben os clubs de piragüismo si que teñen que informar aso Concellos de turno e mesmo a Augas de Galicia, a Federación de Pesca non avisa, nin ten por que avisar nun a Xunta nin aos Concellos afectados, neste caso Mazaricos e Dumbría.

”Dende o CDM Piragüismo Dumbría estámos convencidos de que a proba vai sair adiante, e se vai ter o caudal necesário, posto que o contrario crearía unha inseguridade en termos organizativos que complicaría a concesión de competicións a nosa comunidade no futuro”, sinala Quique Portela, responsable do club dumbriés, asegurando que espera a resposta inmediata da Xunta de Galicia para confirmar o desenvolvento da proba.

”Un dato máis”, apunta Portela: “A competición convocada polo presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo Mendez para reventar o deporte e a economía costeiras leva o nome do Presidente da Xunta de Galicia. Saberá isto Rueda?”

Máis novas

Comentarios