Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dous transportistas curmáns investigados en Dumbría por compartir a tarxeta

Control Camion Garda CXivil
Imaxe de arquivo dun control da Garda Civil
Dous transportistas curmáns investigados en Dumbría por compartir a tarxeta

Unha patrulla de motoristas do Destacamento da Garda Civil de Corcubión, nunha inspección de transportes no quilómetro 84 da estrada AC-552 (dn Dumbría), detectou que un transportista levaba inserida a tarxeta doutro condutor coa intención de alterar os registros do tacógrafo e poder circular máis horas sen respectar os tempos de condución e descanso reglamentarios.

Deste xeito, o Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia abriu a investigación como presunto autor dun suposto delito de falsedade.

Tralas analizar o datos de condución e descanso de ambos condutores, ao propietario da tarxeta utilizada de forma fraudulenta para manipular os registros, tamén se lle investiga como cooperador necesario no suposto delito de falsedade documental, xa que entre ambos existía unha relación familiar (eran curmáns) e a tarxeta foi entregada supuestamente de forma voluntaria para poder xerar datos falsos e poder alargar así os tempos de condución minorando os descansos.

Comentarios