Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dumbría celebra as Letras con música

Dumbría celebra as Letras con música

A cita cultural para as Letras Galegas no Concello de Dumbria queda para o sábado, 19 de maio. Día no que celebrarán nas instalacións do Conco unha completa xornada, e para a que haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.

Contarán co seguinte programa:

  • Obradoiro de música tradicional.
  • Actuación dos alumnos de primeiro ano da Escola Municipal de Música Tradicional - ACDR As Neves.
  • Actuación do grupo Mar Adentro e o grupo de gaitas da ACDR As Neves de Buxantes.
  • Merenda tradicional.

É preciso entregar unha autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do luns, 14 de maio.

Programas das Letras Galegas

Fonte

Comentarios