Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas

Un certame de marcapáxinas e moita lectura para as Letras Galegas de Zas

O Concello de Zas úneses ás propostas das Letras Galegas cun clásico certame de marcapáxinas e moitas actividades. O Concello tamén colabora coa campaña Vitaminas para o galego, e regalará a todos os seus alumnos uns lapis da campaña.
Ademais presenta un completo Folleto informativo no que recupera a vida e obra do autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade.

IV Concurso de Marcapáxinas

A Bilioteca Municipal convoca este concurso destinado ao alumnado dos centros de ensino do Concello. Establécense tres categorías.

Actividades

  • 15 de Maio: Sesión de contacontos. Compañía do Trinke Trinke. Na Biblioteca municipal (18:15 h).
  • 18 de Maio: Teatro. Grupo Feminino Plural do IES Maximino Romero. “Histerias da Humanidade”. No Auditorio do Concello (20:00h).
  • 19 de Maio: Entrega de premios do IV concurso de Marcapáxinas. No Centro Sociocultural de Zas (18:30h).
    - Foliada Tradicional. Coa participación do grupo Churía da A.C. Castro-Meda.
  • 22 de Maio: Animación á Lectura. Compañía do Trinke Trinke. “Viaxe pola Galicia encantada”. No CEIP Labarta Pose (10:30h) e no CPI de Zas (12:30h).
  • 3 de Xuño: Teatro. Clausura das escolas municipais de Zas e Baio. No Auditorio de Baio (18:00h).

Programas das Letras Galegas

Fonte

  • Concello de Zas.

Comentarios