mércores. 11.12.2024
El tiempo

Dumbría celebra o centenario da primeira viaxe á Costa da Morte de Ruth Matilda Anderson

Mulleres do Ezaro en clave de seculo XX-Foto-Juan Louro
Mulleres do Ézaro onde disfrazadas en clave de século XX e fotografiadas por Juan Louro
Dumbría celebra o centenario da primeira viaxe á Costa da Morte de Ruth Matilda Anderson

O Concello de Dumbría está inmersa nun programa moi especial, para celebrar o centenario da primeira viaxe realizada por Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, a España e á Costa da Morte. Esta viaxe tamén a levou a coñecer e fotografar xentes, lugares e oficios do noso concello, conformando así unha importante memoria que chega ata os nosos días.

A xornada baixo o título "Memoria, mulleres e dignidade", quere tamén homenaxear ás mulleres do concello. Para iso, este sábado, o concello armou unha xuntanza das mulleres do Ézaro para recrear unha das máis icónicas imaxes da fotógrafa americana no areal do lugar, tirando polos cabos da arte.

Máis programa

Folleto Tríptico RUTH MATILDA ANDERSON copia

A xornada, que se desenvolverá o sábado 23 de novembro a partir das 10:30h no edificio Bitácora do Ézaro, consistirá en tres ponencias: 

  • «O país das mulleres de Ruth Matilda Anderson. Unha ollada en clave de xénero cara a Galicia do 1o terzo do século XX» por Ana Cabana (Profesora titular do Departamento de Historia da USC. Integrante do Grupo de Investigación Histagra e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC))
  • «Ruth Matilda Anderson, tradutora e reivindicadora das mulleres galegas e da Galicia longamente ocultada» por Alba Rodríguez  (Tradutora e editora técnica en Afundación. Integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo);
  • Intervención por videoconferencia de Patrick Lenaghan (Doutor en Filosofía. Curador de gravados e fotografías na Hispanic Society of America).

Pola tarde haberá un faladoiro.


Máis novas

Comentarios