Dumbría celebrou o pleno con normalidade e no horario previsto
13:39 09/09/23
Este pasado xoves, como se acordou no pleno de organización (o primeiro xoves dos meses impares ás 13:00h) desenvolveuse con total normalidade o novo pleno no Concello de Dumbría. Un pleno no que se trataron asuntos de trámite como a aprobación da acta anterior, varios decretos da alcaldía e rogos e preguntas.
Axistouse algo cando o alcalde Raúl González, nun rogo, lamentou a nota de prensa enviada pola concelleira do BNG Alba Cambeiro na que criticaba un cambio de horario sen previo aviso. A edila non puido asistir o pleno e o voceiro do grupo, Xaime Trillo, que non coñecía o envío da nota, pediu que no vindeiro pleno se lle deixase un tempo para dar explicacións.