Dumbría convoca tres novos cursos de cociña

14:46 22/02/19
Tres novos cursos de cociña vén de convocar o concello de Dumbría. Empezan no mes de marzo e desta vez levaranse a cabo en Bustelo (Salgueiros), Buxantes e O Ézaro.
Xa poden realizar as inscricións nas casas culturais ou nas oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001) ata o 14 de marzo.