venres. 01.08.2025
El tiempo

Dumbría lanza o concurso fotográfico para poñer en valor a identidade do municipio

concurso-fotografia-dumbria-18 copia
Dumbría lanza o concurso fotográfico para poñer en valor a identidade do municipio

O Concello de Dumbría lanza unha nova edición do concurso fotográfico #Dumbríaé, unha iniciativa coa que se busca promover e difundir os múltiples atractivos do municipio a través da mirada das persoas que o viven e retratan.

Desde o 2011, #Dumbríaé converteuse nun símbolo de identidade local, un movemento de etiquetado social presente en fotos, vídeos e actividades nas distintas áreas que abrangue o concello: #DumbríaéDeporte, #DumbríaéTurismo, #DumbríaéCultura,
#DumbríaéNatureza, #DumbríaéHistoria, #DumbríaéCamiño...

A proposta busca recoller imaxes auténticas e xenuínas que reflictan a riqueza do territorio: paisaxes naturais, festas, tradicións, cultura, gastronomía, Camiño de Santiago, escenas cotiás ou actividades deportivas do concello. As fotografías poden ser antigas ou
recentes, tomadas de día ou de noite, sempre que representen algunha faciana do municipio de Dumbría.

Como participar

Para participar, só é necesario acceder á web do Concello de Dumbría habilitada para o certame, onde se poden subir as imaxes
candidatas. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2025 ás 23:59 horas.
Un xurado será o encargado de valorar as fotografías e escoller as 12 mellores, que recibirán como premio un bono de 100 € para gastar en establecementos hostaleiros ou comerciais do concello. Cada persoa poderá obter ata un máximo de tres premios.
 

Comentarios