![dumbria-sportur-ourense]()
José Manuel Pequeño presentou en Ourense os principais reclamos deportivos de Dumbría
A pasada fin semana celebrouse en
Ourense "Sportur Galicia"; o salón do Deporte e do Turismo activo no que participaron asociacións e clubes deportivos de toda a comunidade. Ata alí tamén foron representantes do concello de Dumbría co fin de dar a coñecer as distintas ofertas turísticas e deportivas ante centos de asistentes así como establecer relacións de interese e intercambio con diferentes entidades.
O alcalde dumbriés - José Manuel Pequeño - foi o encargado de establecer relacións cos diferentes participantes e visitantes; así como de establecer reunións de traballo coas diferentes persoalidades e representantes do mundo deportivo e turístico.
Dumbría levou a este evento catro pratos fortes do sector turístico-deportivo para a súa promoción baixo o lema
“Dumbría Activa, outra forma de facer turismo”. Durante o evento, o concello de Dumbría promocionou o
ciclismo co paraugas do Gran Fondo Ézaro ademais da idoneidade do seu territorio para a práctica do ciclismo de montaña. As
rutas de sendeirismo foron outras das actividades que presentou Dumbría como reclama turístico. Ademáis das rutas que poidas confeccionar de maneira persoal, o concello leva a cabo unha serie de camiñatas aptas para todo o mundo, como son as chamadas “Andainas”, percorridos cunha lonxitude máxima de 15 quilómetros, tratan de visitar os lugares con gran riqueza natural e patrimonial, dando a coñecer a historia de cada lugar, igrexas, dolmes, cruceiros, petróglifos, pontes romanas, ríos, encoros, montaña, camiño Xacobeo,... Dumbría tamén presumiu en Ourense do
paso do Camiño de Santiago cara a Fisterra-Muxía polo municipio que lle ofrece aos peregrinos un centro de información, dous albergues municipais abertos todo o ano e ducias de restaurantes. E por suposto, Dumbría presentou neste encontro os seu percorrido pola Fervenza en Kaiak.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Dumbría