Dumbría presenta o entroido máis desexado

08:10 30/01/12

Enorme trío de entroidos os de Fisterra, Vimianzo e Dumbría, sen esquecer o do Pindo que chega forte este ano. Pero paramos en Dumbría para coñecer o que chaman o "Entroido máis desexado".
A cita será o domingo 19 de febreiro, coa concentración de disfraces na praza do Concello dende as 17:00h. Haberá pasarrúas ata a igrexa e a entrega dunha bolsa de golosinas a cada disfrazado. Ao tempo haberá concurso de disfraces con 800€ de premio para o mellor, 400€ para o segundo premio e 200€ para o terceiro.
Pola noite, o fin de festa porao a orquestra Faina Blanco Show.
Inscrición
As comparsas deberán inscribirse no Concello ou chamando ao 981 744 001 antes das 15:00h do 16 de febreiro. Estas poderán optar a unhas axudas para artellar o vestuario.
Novas relacionadas
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
Outros entroidos da Costa
- Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
- O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).