O Pindo prepárase para a invasión vikinga do Entroido


Tremendo o Entroido deste ano no Pindo que prantexa unha gran festa de Celtas e Vikingos. Unha festa organizada coma sempre pola activa Asociación Pedramar do Pindo en colaboración co Concello que xa artella un entroido completo en Carnota.
A cita será o sábado 18 de febreiro a partir das 17:30h da tarde, co desfile da gran comparsa. A festa quedará para a noite cunha gran laconada na solaina baixo carpa e unha orquestra. Xa o avisan: "non o dubides, por só 20€ poderás disfrutar dun entroido do máis castrexo".
A festa non rematará aí, senon que o domingo 19 haberá o tradicional concurso de disfraces con agasallos para os máis orixinais, que rematará co enterro da sardiña.
Xa vos podedes apuntar enviando un correo a info@pedramaropindo.com ou no teléfono 626 319 940./p>
Novas relacionadas
- Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota.
- Os cabalos volverán tomar a comarca Carnota-Muros na XI Xuntanza Cabalar.
- Méndez Ferrín tamén sobe ao Castelo de Peñafiel.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Entroido O Pindo 2010: Obama e ZP foron os reis do entroido "cinematográfico" do Pindo .
-
Outros entroidos da Costa
- Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel.
- Vimianzo tamén quere un entroido de primeira.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Fonte