Santi Caneta será o pregoeiro dun Entroido de Fisterra que xa ten cartel


O Entroido de Fisterra xa ten cartel. "O Rei do Entroido na Costa da Morte" acolle unha nova edición da festa das festas co programa habitual. Mentres o prazo de inscrición segue aberto, xa temos idea do que acontecerá eses sábado 18, domingo 19 e martes 21 de febreiro de 2012.
Para o sábado teremos a clásica concentración de comparsas na Cruz de Baixar, que desfilarán pola vila do Cristo rematando co Pregón, que nos ofrecerá “o Rei do Entroido do ano pasado, Santi Caneta.
O domingo é o día dos nenos, co Concurso de Disfraces infantís na praza da Constitución.
Pero o día grande, coma sempre, será o martes 21 de febreiro, co tradicional Concurso de Comparsas a partir das 18:00h. Máis de 4.000€ en premios irán aló e se agardan comparsas da vila do Cristo, pero tamén doutras zonas. Esperemos que non falten os dumbrieses, xa parte fundamental do entroido fisterrán.

Novas relacionadas
- O Entroido fai tremer de novo a toda Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Buño 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- Entroido Cerqueda 2011: Cerqueda recupera o seu patrimonio coa gravación dunha Polafía.
- Entroido Laxe: A historia de Don Caietano.
Máis novas
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).