Dumbría quere sacar o teu lado máis divertido co programa cultural e deportivo


O Concello de Dumbría vén de presentar o programa de actividades culturais e deportivas para este curso. O lema deste ano é "O teu lado + divertido", xa que o Concello busca sacar o mellor de cada veciño.
Entre as Actividades Deportivas cómpre destacar a Escola de fútbol, Club deportivo municipal de piragüismo, Escola municipal de voleibol, Escola municipal de aeróbic e ximnasia de mantemento(+14 anos), Ximnasio municipal de Olveira e o Ximnasio municipal de Dumbría.
No eido cultural haberá clases de informática, inglés, e clases de apoio para nenos. Ademais A.D.C.R. As Neves de Buxantes impartirá clases de pandeireta e baile rexional.
Para os adultors haberá cursos de informática, manualidades, taller de memoria, cursos de técnicas de busca de emprego, clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.
Inscricións
O prazo estará aberto ata o vindeiro 7 de outubro, e poden formalizalas nas oficinas municipais e nas casas culturais, ou chamando ao número 981 744 001.
Teatro
O vindeiro sábado, 1 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa Cultural de Olveira terá lugar a actuación do grupo de teatro EQUUS, coa obra "Matrimoniadas". A entrada é gratuita.
Novas relacionadas
- Dúas medallas en casa para rematar un gran ano de piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría.