Dumbría recupera a súa Festa Infantil de Nadal

10:03 06/12/22
Ademais, este Nadal Dumbría recupera a Festa Infantil no Conco. Así que o mércores 28 a partir das 11:00h toca xuntarse todos alí e compartir un día completo de xogos, obradoiros, risas e diversión.
Antes, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas clases de informática. Este Nadal a rapazada pode levar as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais, e dende o Concello encargaranse de facérllelas chegar.
Tamén haberá obradoiros infantís de manualidades e doces de Nadal.
Haberá actuacións de maxia, música, teatro, contacontos.
E, por último, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.