Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dumbría toma nota das posibilidades das TIC no rural con Galinus

Dumbría toma nota das posibilidades das TIC no rural con Galinus

Onte vimos como o uso das novas tecnoloxías non ten idade. E por Dumbría o poden certificar. E o poden facer xa coas súas certificacións precisamente, as 40 persoas que participaron nos Talleres de informática 2012.

Uns cursos que remataba cunha sesión formativa sobre novas tecnoloxías a cargo do xerente de Galinus, Taller de Novos Medios, Daniel Cerqueiro. E o facían nas espectaculares instalacións de O Conco.

A sesión, que levaba por título "Comunicación den Internet e oportunidades de innovación no rural", serviu para deixar a porta ben aberta ás posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen nunha zona como a nosa. Os asistentes asistiron encantados ás charlas, e aprenderon que os motores económicos da nosa zona non só teñen que ser o agro, a industria ou o turismo.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios