Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Eliminan un vertido de augas residuais procedente dunha planta de formigón de Dumbría

Eliminan un vertido de augas residuais procedente dunha planta de formigón de Dumbría

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante o Plan de Control de Vertidos (PCV), vén de constatar a eliminación dun vertido de augas residuais industriais no municipio coruñés de Dumbría. O punto de vertido localizouse no transcurso dunha inspección oficial levada a cabo por Augas de Galicia coa finalidade de comprobar se a empresa obxecto de inspección tiña vertidos a dominio público.

Detectouse que as augas residuais resultantes das labores de limpeza do exterior dos camións cisterna descorren pola parte posterior das balsas de decantación existentes para o almacenamento das augas residuais industriais para a súa posterior reutilización na actividade empresarial, verténdose por infiltración no terreo a través da cuneta, sen tratamento algún. Augas de Galicia requiriulle á empresa un cambio de zona para levar a cabo as labores de limpeza do exterior dos camións co obxectivo de emendar a contaminación asociada ao punto de vertido citado, reconducíndose estas augas xeradas cara ás balsas de decantación presentes nas instalacións.

Posteriormente, a Xunta executou unha inspección de comprobación da supresión dos aportes contaminantes descritos, constatando o cambio de zona habilitada para o acondicionamento dos camións cisterna. Ademais observouse que o único que se vertía a través do punto con destino á cuneta eran augas pluviais sen indicios de contaminación, considerándose polo tanto emendado o foco contaminante existente no seu día. A maiores, comprobouse que a mercantil restaurou a zona danada, procedendo á limpeza da cuneta e á retirada dos residuos presentes na mesma a consecuencia dos vertidos acontecidos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios