Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Estrela Michelín

Estrela Michelín
La Vuelta no Ezaro-Foto-Xose Sendon 2 A chegada da Vuelta no ateigado mirador do Ézaro-Foto-Xosé Sendón Guillermo Parga no Mirador do Ezaro na Vuelta 2016 Guillermo Parga no Mirador do Ézaro na Vuelta 2016 Deixou a Vuelta a España a Costa da Morte, e o fixo despois de superar o terceiro exame que a organización parecía poñerlle a unha zona da que unha cousa tiña clara: a súa valía coma materia prima e coma postal para vender desde o helicóptero da televisión. Pode que, a pesar dese indiscutible factor decisivo había que amosarlle a capacidade social e estructural para facelo sen que se falase doutra cousa que de deporte e entorno. E creo que xa, despois de tres sobresaíntes, a zona merece a beca indefinida. Recén apagada a lumarada olímpica (e tamén a da vergonza falando doutro tipo de lumes), cómpre facer un paralelismo co que sucedeu no ano 1992 en Barcelona. Moitos eran escépticos e pesimistas sobre a capacidade dunha España e Catalunya en bragas da modernidade para soster semellante desafío. E aínda a día de hoxe, a ilusión e determinación daquela xeración (non só no que á organización se refire, senón ó pulso dun país que se sentía atravesando unha nova dimensión evolutiva) fan que a día de hoxe se siga a mirar dúas décadas atrás con recoñecemento unánime. Algo dese espírito de Barcelona 92 sentín no Ézaro este ano e en 2012, así coma en Fisterra en 2013. Algo dese: "sabemos, temos moito que ensinar e podemos asomar a cabeza entre os que sempre parecen levar a primeira plana". Que de Benalmádenas, Benidorms e demais estamos algo máis que saturados, e resisten a comparación menos que Contador un ataque de Froome. Caera xa a néboa que funcionaba de cortinilla de peche da película, e conducindo con noite case que meiga camiño á Coruña alternaba os dous programas clásicos de radio deportiva para xente con insomonio. E entre as citas que escoitaba había mestres da comunicación con piropos tipo "el paisaje más bonito que he visto en la Vuelta", "hemos visto una etapa tan espectacular en lo deportivo como en lo natural" ou "un sitio realmente que merece la pena que nadie se pierda". E parece que algo de efecto todo iso fai, porque despois da etapa atopar un sitio para cear en Fisterra era máis difícil que aparcar o coche na súbida ao Ézaro. Así que esta romería popular costeira que ten creado o ciclismo ten xa unha 'autoritas' e un pedigrí gañado a pulso por todos nós, desde o civismo, a educación, o bo rollismo e a compresión do desafío que supuxeron estes tres anos. Facendo unha reflexión, era bo tomar este exemplo e extrapolalo a ámbitos tan distintos coma outros deportes, a política ou, simplemente, o día a día. Porque saber, sabemos. E sería inxusto rematar sen botarlle un ollo a unha Vuelta que conecta coa frase dos ingleses respecto ao fútbol e o rugby: se o primeiro é un deporte de cabaleiros xogado por animais, e o segundo un deporte de animais xogado por cabaleiros, o ciclismo é un reto para súperhomes máis nobres que un santo. E entre eles creo que volverá reinar o gentleman Chris Froome, seguramente o máis compreto profesional que teño visto desde Miguel Indurain, ou o Lance Armstrong que creíamos limpo.   La Vuelta no Ezaro-Foto-Xose Sendon La Vuelta no Ezaro-Foto-Xose Sendon La Vuelta polo Ezaro-Foto-Rafa Quintans La Vuelta polo Ezaro-Foto-Rafa Quintans La Vuelta polo Ezaro-Foto-Rafa Quintans 2 La Vuelta polo Ézaro-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios