Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os eventos deportivos de Dumbría xeran 1 millón de euros ao ano na zona

Presentacion Eventos Deportivos DSumbria 2023
Os eventos deportivos de Dumbría xeran 1 millón de euros ao ano na zona

Levamos anos destacando a aposta do Concello de Dumbría polo deporte como auténtico motor económico.

E as cifras así o refrendan. Máis dunha década, dende aquela Vuelta de 2012 leva o Concello apostando polo deporte como atractivo turístico, e este 2023 o vén de facer un informe sobre o impacto económico en toda a comarca que xeran os eventos deportivos de entidade galega, estatal e internacional que organiza.

Máis de 4.000 deportistas participarán neste ano nas probas deportivas dumbriesas, o que supón a chegada de máis de 12.000 visitantes (cada deportista soe vir acompañado por 2 pesoas) que chegan de fóra cada ano para asistir a estas competicións. Unhas cifras das que se estima que deixarían máis de 1.000.000 € de ingresos do sector servizos comarcal.
”Son máis de 12.000 persoas que ao longo de varios días pernoctarán, almorzarán, xantarán e cearán aquí; que realizarán compras en supermercados; que aproveitarán para visitar distintos enclaves; e que, en definitiva, contribuirán a un notable incremento de ingresos no sector non só en Dumbría, senón tamén a nivel de toda a comarca”, explicaron na presentación do programa deste ano.

”En Dumbría apostamos por facer do deporte, ademais dunha ferramenta de promoción do benestar persoal que redunde nunha mellora da saúde da poboación, tamén un medio de interacción entre a veciñanza local e facilitador experiencias de convivencia con xente chegada de moitos lugares”, explican dende o Concello.

As necesidades

Quixeron poñer en valor a “aposta moi forte para a creación e o mantemento de instalacións e infraestruturas que permiten acoller este volume de actividade garantindo a calidade que se iso esixe e que sorprenden a todos os que nos visitan”. Aí está a renovación integral do pavillón polideportivo e a construción, o pasado ano, de dous campos de fútbol de herba sintética.

Pero tamén destacaron “o eficiente equipo de recursos humanos detrás de toda esta actividade, tanto a nivel municipal, coma en estreita colaboración cos clubs locais e cos grandes profesionais dos que sempre nos rodeamos en Dumbría para a organización destes eventos”.

E imprescindible resulta, tamén, dispor dunha rede de voluntariado composto pola veciñanza de Dumbría, por Protección Civil e por colaboradores sempre dispostos a botar unha man.

Programa 2023

Esta é a actividade

  • 9 disciplinas deportivas: Cicloturismo (Gran Fondo Ézaro), Volei praia, Fútbol, Piragüismo, Quad, Travesía a nado, Carreira pedestre, Carreira de obstáculos, Kick Boxing.
  • 4 eventos comarcais/provinciais, 4 Campionatos Galegos; 5 campionatos de España; e 1 evento internacional de ciclismo.

Triptico Deportes Dumbria 2023

Triptico Deportes Dumbria 2023 2

Novas relacionadas

Comentarios