A Familia de Berdeogas medra cada ano

Que Dumbría teña menos de 3.000 habitantes, dá boa conta da potencia da Festa da Familia de Berdeogas. Entre 3.000 e 3.500 déronse cita onte na carballeira da Lúa para gozar dunha das romarías máis auténticas da comarca.
A Familia medra ano a ano, e cada edición (xa van 22 aínda que a festa comezou antes porque houbo parón durante a pandemia), aumenta o número de persoas que reservan mesa.
A realidade é que é unha festa sagrada para a xente das parroquias de Dumbría, pero tamén para moitas persoas da contorna, chegando veciñanza de Cee, Vimianzo, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Zas, Mazaricos…

O ambiente de merenda, de comellada en mesas corridas, nunha contorna natural moi cómoda, e o fermoso domingo que quedou, viseu amenizado pola charanga O Rumbo de Sardiñeiro e o grupo de gaitas Longarela que foi poñendo música ao xantar.
Non falta xa o rollo verbena, e tanto a cita nocturna como a sesión vermú foron amenizadas polas orquestras Gran Parada e Principal.
