Venres. 26.04.2024
El tiempo

II Roteiro polo Río Xallas: De Olveiroa ao Ézaro

II Roteiro polo Río Xallas: De Olveiroa ao Ézaro

A Plataforma para a Defensa do río Xallas organiza, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), un roteiro polo río Xallas para este domingo 29 de maio. Varias causas reivindicativas serán as protagonistas: a defensa do río Xallas, da Devesa dos Anllares e da nosa língua.

O río Xallas é o que conta con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacía Galiza- Costa. Aínda así, a día de hoxe atópase ameazado pola posible construción de outras tres novas centrais nun treito do Xallas no que xa conta con 5 aproveitamentos e 4 encoros.

A paisaxe e a natureza destes lares é espectacular, e teremos a oportunidade de observar algúns dos poucos treitos de río virxes que se conservan, e marabillarnos coa beleza da Devesa de Anllares, única por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa.

Durante o roteiro contarán coa presenza de poetas da Costa da Morte que nos falarán sobre Pondal, e entre recitarán poemas nas preciosas paraxes que vamos visitar.

Percorrido

O inicio do roteiro terá lugar en Olveiroa (concello de Dumbría), no bar As Pías, parada habitual dos peregrinos, ás 11 da mañá do domingo, 29 de Maio.

  • NOTA 1: As 10:30 da mañá sairá un grupo cara Olveiroa dende o concello de Cee. A saída farase dende o IES “Fernando Blanco” da vila ceense.

Tras visitar Olveiroa, segurase camiñando pola vertente oeste do río, cruzarase o mesmo para adentrarse no concello de Mazaricos, e irase ver a central de Ponte Olveira (onde está plantexado facer outra central). Acto seguido irase ao lugar de Campelo, de onde se tomará rumbo cara á Devesa dos Anllares. Fronte á devesa, na outra vertente do río, está pensado facer a 3ª nova central, de nome Novo Castrelo. Dende a devesa e para finalizar o percorrido, irase cara o lugar de Arcos. O percorrido será de aproximadamente 15 quilómetros á beira do Xallas, de dificultade media e trazado normal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma Salvemos o Xallas.

Comentarios