Inaugurado o novo e moderno albergue de Dumbría
20:36 16/09/10
Esta mañá de xoves 16 de setembro de 2010, a menos de 3 meses para o remate do ano Xacobeo, inaugurouse o novo Albergue Peregrino de Dumbría. Á sesión acodía o mesmo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, e o director de comunicación de Inditex, Jesús Etchevarría.
O inmoble, situado na zona do Conco, conta con 26 novas prazas para centos de peregrinos que chegan diariamente, completando así as posibilidades que ofrece o albergue de Olveiroa. Precisamente a completementación entre ambos debe ser fundamental. O de Olveiroa, cheo de tradición; e o do Conco, de modernidade.
Modernas infraestruturas
É a rede wifi un dos detalles que máis destacables das modernas infraestruras do albergue. Un inmoble que ocupa, en total, unha parcela de 5.000 metros cadrados e consta de tres volumes con diferente xeometría e cor (soto, baixa e planta cubertas). A superficie total construída por cada unha das tres plantas é de 582 metros cadrados nas que se inclúen, ademais dos cuartos destinados aos peregrinos, os aseos, un espazo de usos múltiples, cociña e comedor. As novas instalacións para peregrinos de Dumbría están situadas en paralelo. En concreto, o inmoble dispón dun amplo salón de 77 metros cadrados, que posibilita a realización de eventos culturais, así como a posibilidade de aumentar a capacidade do albergue en momentos de alta afluencia ata as 50 prazas. Un dos obxectivos cos que se levou a cabo este proxecto foi o de conseguir maximizar o aforro enerxético. Para isto, empregarase enerxía solar, xeotérmica, así como materiais reciclables e reutilizables usados na súa construción. O novo albergue de Dumbría está destinado aos peregrinosque camiñan cara a Muxía desde o lugar de Hospital, ou para aqueles que comezan o seu camiño cara a Santiago no municipio coruñés.150 prazas no Camiño Fisterra-Muxía
Co inmoble inaugurado hoxe, xa son 5 os albergues públicos abertos ao público no Camiño Fisterra-Muxía, que conta con 148 prazas para peregrinos. Aos dous albergues de Dumbría hai que sumar o de Negreira (con 22 prazas), o de Muxía (con espazo para máis de 30 peregrinos) e o de Fisterra, que conta con 36 prazas. A estas hai que unirlles as dos albergues privados: como son o Finistellae de Fisterra e O Camiño das Estrelas de Cee.Novas relacionadas
- Últimas novedades do Camiño: Un Camiño novo por Cee e outro pechado por Dumbría.
- O GAC-4 subvenciona un albergue e un restaurante.
- Aberto o novo Hostel en Cee.
- Un día no abergue de Muxía.
Máis novas
- O BNG de Corcubión protesta polo estado do Camiño Xacobeo ao seu paso pola vila.
- Zas sinte o Camiño por etapas.
- Marcos Rodríguez retrata "La Cocina del Camino".
- José A. De la Riera: "O Camiño é universal".
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.